Página 1 de 1

Taibo sobre a nación galega

Enviado: terça, 09 out 2007, 19:46
por casdeiro
O sempre lúcido Carlos Taibo comenta nunha recente entrevista:

P: En canto a Galicia, é unha nación?

R: É lexítimo sostelo. Agora ben, tamén aquí hai dúas visións diferentes. A primeira entende que as nacións son invencións, e sería consecuente asumir que sempre é así. Dígoo porque o señor Rajoy nega a existencia de nacións en Galicia, en Cataluña e no País Vasco porque nos retrotraen á Idade Media e a cousas que están fóra do mundo. Pero o que me deixa perplexo é que, en cambio, si sostén que existe unha nación española.

Taibo sobre a nación galega

Enviado: quarta, 10 out 2007, 20:42
por lluc
para o PP existe a nación española de non retirar certos símbolo e non deixar ( dejar) espazo á cultura e á liberdade de xesto.