69 aniversario do plebiscito do primeiro estatuto

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

69 aniversario do plebiscito do primeiro estatuto

Mensagempor anamp » terça, 28 jun 2005, 12:14

(tirado de http://www.vieiros.com)

69 ANIVERSARIO DO PLEBISCITO DO PRIMEIRO ESTATUTO
Galiza amence cunha nova esperanza no aniversario do Estatuto do 36


[28/06/2005 09:45] Os milleiros de galegos que saíron a pasada noite para celebrar a vitoria da alternativa política ao goberno do Partido Popular teñen outro motivo para darlle maior sentido aínda á súa festa. Tal día como hoxe no ano 1936 a poboación galega refrendaba maioritariamente o seu primeiro Estatuto de Autonomía no marco da II República. Quedaban pouco máis de quince días para que o golpe de estado do xeneral Franco eliminase de vez non só o xermolo do proxecto nacional galego, senón a moitos dos que o fixeron posíbel.



Tanto o PSdeG como o BNG, que formarán con toda probabilidade o próximo goberno de coalición da Xunta, inclúen nos seus programas o aprofundamento no autogoberno e a reforma ou elaboración dun novo Estatuto que, segundo ambos partidos, debe estar listo e consensuado no primeiro treito da vindeira lexislatura.

Retómase deste xeito o proceso iniciado en 1936, cando os galegos votaron por si mesmos por primeira vez.

Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes