Galiza=Nación

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galiza=Nación

Mensagempor casdeiro » segunda, 11 dez 2006, 09:39

Gostaríame dar pe a un debate neste Taboleiro acerca de o que opinades neste asunto. Debe ser recoñecida expresamente Galiza como nación no novo Estatuto?

Para comezar, copio un interesante artigo de opinión de Camilo Nogueira aparecido recentemente :

Nación
Un artigo de: Camilo Nogueira
[07/12/2006]

No barullo que domina o debate do Estatuto, os que non queren recoñecer a Galiza como nación andan na procura de fórmulacións que oculten ou neguen o seu significado histórico, político, cultural e institucional.


Unha delas, especialmente perversa, é a de definir a Galiza no Estatuto como "nazón de Breogán". Preténdese utilizar o atributo mítico empregado por Pondal no poema que deviu en himno galego como un elemento folklórico, minimizador e irrisorio, desvirtuador do carácter da nación.

Unha pretensión deturpadora, porque é mui outro o significado afirmativo e pacífico que lle da a xente cando canta o himno da súa terra e non se corresponde coa interpretación que lle outorgaron os lexisladores galegos á definición de Galiza como nación na Lei de Símbolos aprobada no Parlamento galego o 29 de maio de 1984.

A Lei de Símbolos -himno, bandeira e escudo- foi aprobada por aclamación nun clima de emoción democrática, no que participaron todos os grupos presentes e especialmente o Presidente do Governo Xerardo Fernández Albor e Presidente do Parlamento Antonio Rosón. Lembrei aquí hai algúns meses (Vieiros, Nación por unanimidade) o marco institucional que serve para interpretar unha Lei na que o Parlamento de Galiza recoñeceu solemnemente a Galiza como nación, facendo seu o significado que lle dera o movimento nacional galego. Frente a esta realidade, os que agora queren introducir no Estatuto a liberdade literaria utilizada por Pondal fano para negaren o sentido que lle deron ao himno os galeguistas fundadores e o Parlamento de Galiza.

Definir a Galiza como nación resulta necesario tamén frente os argumentos tópicos dos seguidores clásicos do Poder estabelecido, identificadores interesados das nacións cos Estados existentes, que alarmados pola crise da soberanía absoluta e da ideoloxía uniformista e centralizadora que lle servía de sustento, califican vulgar e disuasoriamente a aspiración nacional galega de anacrónica. Resulta evidente que as competencias dos Estados e o contido da soberanía, en especial dentro da Unión Europea, mudaron de carácter. Mais o significado democrático e nacional da soberanía popular conquistada no tempo da Revolución Francesa resulta tan actual como sempre. A negación das aspiracións das nacións sen Estado forma parte do empeño de Estados, como o español, en daren por culminado irreversibelmente o proceso de negación ou subordinación cultural e institucional das nacións internas que emprenderon no século XIX e mantiveron no XX.

A definición de Galiza como nación responde a realidades históricas, institucionais, culturais, materiais e políticas que non se poden pór en causa máis que se se parte da premisa dogmática, negativa, amnésica e acaparadora do poder da idea de España como nación única.

Galiza ten unha historia común cos paises peninsulares, mais para ser nación non necesita de España. Constituindo unha excepción reveladora, o seu nome institucional é o que tiña hai 2000 anos. Foi un Reino independente durante séculos e séculos. Dela naceu directamente un dos dous Estados peninsulares. O seu carácter institucional e cultural histórico ten difícil equivalencia entre as demais nacións sen Estado europeas, sendo comparábel ao de muitas das nacións europeas que contan con Estado proprio. A súa língua é falada en Estados que ollan para todos os océanos. Se sofreu un atraso económico relativo foi a causa da dependencia e a marxinación. A sociedade galega ten a capacidade social e económica para valerse a si mesma como nación nunha Europa sen fronteiras.
Se a nación política é o resultado da combinación de tradición histórica e cultural e condicións materiais e da vontade política manifestada, o movimento nacional galego expresou a determinación de lograr o autogoverno de Galiza como nación no mesmo momento en que se estabeleceron a maioría dos actuais Estados europeus. Fixoo contra a marxinación social e económica e frente á pretensión da monarquía de criar unha nación española negadora da historia e da pluralidade peninsular.

Despois de vintecinco anos de autonomía, o Parlamento de Galiza enfrentase á necesidade de elaborar un Proxecto de Estatuto de nación, avanzando cara o recoñecimento da pluralidade nacional e cultural do Estado e capacitando ás instituicións galegas para responsabilizárense económica, financeira e competencialmente para mellorar as condicións de vida da xente e para estaren presentes como tais no mundo. A contraposición pretendida entre o recoñecimento do carácter de nación e as competencias que afectarían á vida da xente resultaría simplesmente a demonstración dunha grave incultura política senón fose coñecido que constitui a mostra dun evidente cinismo político.

A aprobación dun Estatuto que non recoñecese a Galiza como nación constituiría a proba dun fracaso inadmisíbel. O Parlamento de Galiza non debe aprobar unha reforma que supoña de facto a negación do status constitucional diferenciado de Galiza cando se recoñeceu a aprobación do Estatuto de Autonomía da II República. Se os deputados se atreven a negar a Galiza como nación asumirán unha grave responsabilidade, tanto máis canto que con esa decisión borrarían ao mesmo tempo a condición nacional constitucional derivada do Estatuto de Galiza de 1936 e desprezarían a reclamación desa conquista nas grandes manifestacións populares de 1977 e 1979.

Se na transición dos anos setenta o desafío urxente era o da conquista da democracia e dun primeiro recoñecimento da autonomía e da diversidade nacional, para as nacións recoñecidas xa como nacionalidades históricas o reto da conxuntura política que vivimos é o de asumir as responsabilidades da condición de nacións. Non se pode estragar esta singular oportunidade realizando unha reforma estatutaria insubstancial, que deixe nas mans do poder central madrileño todo o poder político, económico e cultural e toda a capacidade para interpretar -limitándoas sempre- as competencias inseridas no Estatuto.

Non poden facer isto, en nengún caso, os deputados e deputadas e os membros nacionalistas do Governo de coalicion. Non deberían permanecer por máis tempo na situación ambigua presente, parecendo que están máis preocupados por permanecer no Governo autonómico -sen que isto teña porque ser contraditorio con manter unha posición firme sobre a cuestión nacional- que por dotaren a Galiza de instituicións e competencias que permitan fortalecer o autogoverno, impulsar á sociedade galega nunha direción xusta e igualitaria e facela máis presente no mundo. Nen poden facelo nen deben quitarlle transcendencia a definición estatutaria de Galiza: non é certo que "non pase nada" se Galiza é recoñecida como nación. Pasa é muito e para ben, e así hai que aseveralo perante a sociedade galega se o que se pretende é desenvolver o autogoverno e a autoestima nacional que o sustente.
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:53, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Galiza=Nación

Mensagempor anamp » segunda, 11 dez 2006, 14:08

Asisto atónita ao debate público sobre a definición de Galiza no futuro estatuto.

Paréceme incríbel que persoas supostamente conscientes da nosa historia poidan tan sequera insinuar que Galiza non é unha nación.

Como dixo Beiras hoxe na Radio Galega, merecemos un estatuto de nación, con todas as consecuencias económicas e de nivel decisorio que iso implica.
E que o PP e parte do PSOE digan que non o entenden así, indica que falan como marionetas de Madrid, porque ningún galego con conciencia pode negar o que somos e levamos sendo dende sempre. E non é esta unha postura independentista en absoluto; o independentismo diría que Galiza debe ser un estado soberano que non ten nada que ver co estado español. Ou sexa, que isto só sería un un paso mínimo para os independentistas.

A historia e o que somos nós agora non o cambian os políticos. E por moito que nolo neguen, somos unha nación. Outra cousa é que a base de decisións políticas deixemos de selo algún día, e moito me temo que esas son as intencións...
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 21:53, editado 1 vez no total.

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Galiza=Nación

Mensagempor fridamarga » segunda, 11 dez 2006, 19:30

Creio firmemente que GALIZA=NACIÓN!

Só um poder arbritário pode asoballar durante tanto tempo uma Nación como a Galiza!

Só o facto de haver "espaço" político para questionarem uma evidência, demonstra que A GALIZA, NACIÓN de séculos, está a sofrer mais um dos muitos ataques que, desde a usurpação pelos reis ditos católicos, no séc. XV, a têm vindo a martirizar...

Estou inteiramente de acordo com a apreciação da Ana e considero muito oportuno e pertinente que o Presidente da Nossa Associação tenha estendido este Fio.

Exorto, assim a todos os Galegos e descendentes, na diáspora ou não, a participarem com os seus contributos neste TABOLEIRO, reforçando e defendendo a realidade que, possivelmente, as forças do retrocesso, quererão, mais uma vez amordaçar:

GALIZA=NACIÓN !

com todas as implicações que Ana refere!


GALIZA VIVE EM NÓS!
Última edição por fridamarga em sábado, 08 nov 2014, 21:53, editado 1 vez no total.

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

Galiza=Nación

Mensagempor xorxelois » segunda, 11 dez 2006, 21:17

Segundo o DRAG:

"nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa".

Entón, non queda outra: Galicia (ou Galiza) é unha nación (ou nazón).

Calquera outra cousa é querer tapar o sol coas mans.

XL (Bos Aires)
Última edição por xorxelois em sábado, 08 nov 2014, 21:53, editado 1 vez no total.

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Galiza=Nación

Mensagempor anavilat » segunda, 11 dez 2006, 23:34

Según a RAE ( Real Academia Española)

NACIÓN

(Del lat. natĭo, -ōnis).
1. f. Conjunto de los habitantes de un país regido por el mismo gobierno.
2. f. Territorio de ese país.
3. f. Conjunto de personas de un mismo origen y que generalmente hablan un mismo idioma y tienen una tradición común.
4. f. coloq. p. us. nacimiento (ǁ acción y efecto de nacer). Ciego de nación.
5. m. Arg. p. us. Hombre natural de una nación, contrapuesto al natural de otra.
de ~.
1. loc. adj. U. para dar a entender el origen de alguien, o de dónde es natural.

Creo que esta ben clariño, non?
Somos unha Nación.


Última edição por anavilat em sábado, 08 nov 2014, 21:53, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Galiza=Nación

Mensagempor xestor » terça, 12 dez 2006, 09:12

FRIDAMARGA Escribeu:Estou inteiramente de acordo com a apreciação da Ana e [u]considero muito oportuno e pertinente que o Presidente da Nossa Associação tenha estendido este Fio.

Quero simplemente puntualizar que cando fixen esa contribución foi a título particular e non representando á nosa asociación. Xa sabes, Marga que a nosa posición sobre o carácter de nación foi definido dunha forma diferente na última asemblea e que será comunicado ás sociedade proximamente, puntualizando que é o que a Asociación Cultural Fillos de Galicia considera nación ;-)


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante