Página 1 de 1

AVISO Procuras familiares no Atopadoiro

Enviado: terça, 15 dez 2009, 10:31
por crisanto
Ola a todos:
Esta e unha mensaxe de aviso a todos aqueles que envían seus datos a O Atopadoiro a procura de familiares ou descendentes. Prégolles que comproben ben o enderezo de e-mail que mandan pois as veces este é incorrecto e noutras non responden as miñas mensaxes. Coido que non é de recibo traballar para atopar os familiares e despois ao querer contactar non o podas facer, ben porque o enderezo está mal, ou xa non o atenden. A partir de agora vou mandar unha mensaxe para comprobar o enderezo e se non teño resposta non farei ningunha pescuda activa; sómente meterei os datos na nosa base do Atopadoiro e esperar que alguén entre nela buscando a esa persoa.
Polo tanto, os que mandades procuras ao Atopadoiro estade atentos os 7 días seguintes de mandares a procura porque eu vouvos mandar unha mensaxe para comprobar que teño liña de contacto e se é o caso pedirvos algún dato máis para facer mais doada a procura.
Saúdos, e apertas. Crisanto
Nota: Aqueles que non entendan ben o galego poden copiar e pegar esta mensaxe no traductor que vos poño de seguido: http://sli.uvigo.es/tradutor/

AVISO Procuras familiares no Atopadoiro

Enviado: terça, 15 dez 2009, 17:15
por coordfillos