AVISO Procuras familiares no Atopadoiro

Aquí podedes deixar as vosas mensaxes para localizar aos vosos parentes en Galicia. Complemento ao noso Atopadoiro.
Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

AVISO Procuras familiares no Atopadoiro

Mensagempor crisanto » terça, 15 dez 2009, 10:31

Ola a todos:
Esta e unha mensaxe de aviso a todos aqueles que envían seus datos a O Atopadoiro a procura de familiares ou descendentes. Prégolles que comproben ben o enderezo de e-mail que mandan pois as veces este é incorrecto e noutras non responden as miñas mensaxes. Coido que non é de recibo traballar para atopar os familiares e despois ao querer contactar non o podas facer, ben porque o enderezo está mal, ou xa non o atenden. A partir de agora vou mandar unha mensaxe para comprobar o enderezo e se non teño resposta non farei ningunha pescuda activa; sómente meterei os datos na nosa base do Atopadoiro e esperar que alguén entre nela buscando a esa persoa.
Polo tanto, os que mandades procuras ao Atopadoiro estade atentos os 7 días seguintes de mandares a procura porque eu vouvos mandar unha mensaxe para comprobar que teño liña de contacto e se é o caso pedirvos algún dato máis para facer mais doada a procura.
Saúdos, e apertas. Crisanto
Nota: Aqueles que non entendan ben o galego poden copiar e pegar esta mensaxe no traductor que vos poño de seguido: http://sli.uvigo.es/tradutor/

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

AVISO Procuras familiares no Atopadoiro

Mensagempor coordfillos » terça, 15 dez 2009, 17:15

A partir de agora vou mandar unha mensaxe para comprobar o enderezo e se non teño resposta non farei ningunha pescuda activa

Paréceme moi boa idea, Crisanto. Bo traballo!!


Voltar para “Procuras familiares (en Galicia)”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes