Fillos de galicia

Fillos.org sobrevivirá integrándose en Blogaliza (Código Cero)
Código Cero foi dos primeiros medios en trasmitir a boa nova do acordo que permitirá a supervivencia de Fillos de Galicia:

A primeiros do verán, falabamos do comezo do desmantelamento dos proxectos na Internet ao amparo de Fillos.org, que servían para conectar aos galegos na emigración, ante a imposibilidade de atopar quen collese o relevo desta iniciativa tras facer unha convocatoria aberta para tal, pero finalmente atopouse unha saída a esta crítica situación grazas á empresa Algueirada, responsable do servizo de blogues en galego Blogaliza, que vén de asinar un convenio de colaboración con Fillos de Galicia para evitar a  desaparición do proxecto nacido en 1997 e que conseguiu sumar preto de 7.000 usuarios rexistrados.

Deste xeito, Fillos.org intégrase en Blogaliza, o que garante a súa supervivencia, aínda que outros proxectos de Fillos de Galicia como Atopadoiro.org continuarán baixo a xestión directa da súa asociación nai. Os responsables de ambas organizacións felicítanse polo acordo acadado e agardan que sente as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega no exterior.

Boas novas: Fillos.org sobrevivirá grazas a Blogaliza
[Comunicado conxunto de prensa de:

Asociación Cultural Fillos de Galicia + Blogaliza]

BLOGALIZA ACOLLERÁ A MAIOR COMUNIDADE ONLINE DA DIÁSPORA GALEGA

Debido á carencia de recursos, a asociación Fillos de Galicia

decidiu integrar a comunidade Fillos.org en Blogaliza.

A empresa Algueirada, responsable do servizo de blogs en galego

Blogaliza, ven de asinar un convenio de colaboración coa asociación

responsable da maior comunidade online da diáspora, Fillos.org, que

conta xa con case 7 mil usuarios rexistrados. Grazas a este acordo

evítase a desaparición deste proxecto histórico da Internet galega,

que naceu en 1997 como ponte entre Galiza e os galegos do exterior,

nomeadamente fillos e netos de emigrados. A falta de recursos

económicos, agravada tras a cambio de goberno na Xunta de Galicia,

e a carencia de persoal técnico capaz de xestionar unha rede social

en continua expansión levaran á asociación Fillos de Galicia a facer

un chamamento tras outro para acharen quen continuase co proxecto.

Aínda que estes chamamentos fracasaron e algúns medios apresuráranse

a anunciar a morte do proxecto, abriuse unha derradeira oportunidade

da man da consultoría tecnolóxica Algueirada: o traballo de

actualización do portal Fillos.org realizado cos últimos recursos

da asociación, facilitou a compatibilidade técnica con Blogaliza,

o coñecido servizo ofrecido por Algueirada.

Deste xeito faise posible a supervivencia do proxecto, que agora

fará parte de Blogaliza, quedando outros coñecidos proxectos de Fillos

de Galicia como Atopadoiro.org fóra do acordo e baixo a xestión

directa da asociación, xa cun custo moito menor. Os responsables

de ambas organizacións felicítanse polo acordo e agardan poder sentar

así as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega

no exterior.

Remata unha nova asemblea de Fillos e comeza unha nova etapa: Fillos 5.0
Onte rematou unha nova asemblea extraordinaria de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia na que se tratou como tema principal o resultado do chamamento feito para desmantelar os nosos proxectos.

Malia non termos recibido propostas dentro desa convocatoria, os socios votaron a prol de continuar coa actividade da asociación e aprobouse un plan que dará comezo a unha nova etapa, que comezamos a artellar desde hoxe mesmo e que poderiamos denominar Fillos 5.0.

Proximamente daremos máis detalles sobre como se fixo posible esta nova etapa e grazas a quen, e como serán os seus pasos e as mudanzas que vai experimentar Fillos de Galicia. Polo de agora o importante é que Fillos de Galicia vai continuar, con importantes trasformacións, e noutro formato, pero ha sobrevivir esta ponte virtual entre Galiza e mais a súa Diáspora e o meirande centro galego da Internet, que xa está a piques de chegar aos 7.000 usuarios.

Prorrogamos indefinidamente a oferta de nomes de dominio
A nosa Xunta Directiva decidiu deixar aberta a convocatoria para a venda dos nosos nomes de dominio non utilizamos, alén do prazo que remata hoxe para o Desmantelamento dos nosos proxectos.

O motivo foi que non demos publicado con tempo de abondo a listaxe completa, e que non se indicara na páxina onde aparece a devandita lista, que os prezos xa non tiñan un mínimo. De feito os interesados poden enviar calquera oferta, mesmo por 0 euros, para se faceren cargo dos dominios.

Agora que temos a lista de dominios completa, convidamos a todos os posibles interesados a enviarnos as súas ofertas a secretaria EN fillos PUNTO org, indicando cánto ofrecen e por que dominios en concreto. Agradecemos de antemán as ofertas que nos axuden economicamente nesta situación crítica que vive a nosa asociación.

Comunicado aos clientes de RedeGalega: cesamos nos nosos servizos
O seguinte é un fragmento do comunicado remitido aos contactos (clientes, persoas que contactaran connosco solicitando información sobre os nosos servizos de Internet ou que utilizaban de balde algún dos recursos do noso servidor: hosting, e-mail, listas de correo, etc.):

Dentro das decisións adoptadas na última asemblea está a seguinte,

que por tratar da non continuidade de RedeGalega e -xa que logo- vos

afectar directamente, poñemos no voso coñecemento:

RedeGalega pecha definitivamente os seus servizos

Cos diversos servizos que vos viñamos ofrecendo procederase da

seguinte maneira:

Servizos de desenvolvemento web e asesoramento

Deixan de ofrecerse.

Hostings

Tampouco seguiremos ofrecendo ese servizo. Os clientes aloxados no

servidor de Fillos/RedeGalega deberán por tanto procurar outro

aloxamento.

Para facilitar a transición e dar tempo a que cada cliente procure

outra empresa ou entidade que lle forneza o hosting, vimos de

renovar por 3 meses o contrato do noso servidor. Xa que logo os

clientes quedan avisados de que a partir do día 15/09/2010 xa non

funcionará o seu hosting e deberán ter feito o traslado a outro

servidor.

Os clientes que teñan feito o pagamento por adiantado por un periodo

superior a esa data recibirán unha factura de abono na cal lles

devolveremos o importe proporcional aos meses de servizo que han

quedar sen desfroitaren.

Procuraremos axudar na medida do posible a facilitarvos o traslado

pero non podemos adicarlle máis ca un tempo mínimo, ao non termos

xa personal técnico encargado do servizo.

En canto teñades feito a contratación e mais o traslado dos vosos

arquivos, bases de datos, correos, etc. ao novo hosting, e se tedes

os dominios rexistrados connosco, deberedes avisar para que

modifiquemos os datos de DNS, que son os que indican o voso dominio

con qué servidor debe conectar. Agora están apuntando ao de RedeGalega

pero deberán estar apuntando a outro antes do 15 de setembro.

Rexistro e xestión de dominios

Xa non ofrecemos o servizo de rexistro de novos nomes de dominio.

En canto á xestión e atención dos xa existentes, se os tedes

rexistrado connosco, e por ser un servizo crítico de xestión do

voso patrimonio inmaterial, será mantido de maneira excepcional,

cando menos momentaneamente.

Publicidade online

Deixará de ofrecerse. Os clientes que teñades campañas xa pagas e

programadas para o resto do ano, podedes optar entre a devolución

dos banners non desfroitados ou ben a consumición urxente de todos

os impactos que falten por emitir, no tempo máis breve posible.

Servizos de balde

As entidades que desfroitabades dalgún servizo gratuíto ofrecido por

RedeGalega deberedes buscar á maior brevidade unha outra alternativa,

xa que deixaremos de ofrecelo. Cándo se deixará de ofrecer non está

claro xa que RedeGalega.org como dominio está entre os que temos

postos á venda, e podería pasar a outras mans tan cedo como a finais

de Xullo.

Lamentamos moito os inconvintes que seguro todo isto vos vai producir.

Os clientes de RedeGalega fostes sempre un apoio vital para a

continuidade de Fillos de Galicia e sen termos a vosa confianza para

vos axudar nos vosos proxectos en Internet, Fillos hai tempo que xa

non existiría. Por desgraza isto non foi suficiente, e os motivos que

temos explicado publicamente non nos deixaron outro camiño que este

desmantelamento que agora abordamos con pesar.

Por desgraza desde Fillos de Galicia xa non podemos seguir axudándovos

nestes terreos. Sempre pensamos que o Terceiro Sector galego precisaba

un apoio a un prezo menor do habitual no mercado, en todo o que tivese

que ver con Internet, e dado que ese era o noso mellor capital, a nosa

experiencia na Rede, era lóxico ofrecérvolo e de paso obtermos

recursos económicos cos que desenvolver o noso labor cultural. Ogallá

outras iniciativas poidan recoller de contado esta demanda e facelo

sen ánimo de lucro e cun espíritu cooperativo e de optimización de

recursos compartidos. Sería moi beneficioso para a presenza na Rede

do activismo social e cultural galego.

Moitas grazas por toda a vosa confianza, á que seguramente non fomos

quen de responder como mereciades.

Associaçom Cultural Filhos da Galiza desmantela os seus projectos na rede (Portal Galego da Língua)
O Portal Galego da Língua tamén trasmitiu noticia do noso desmantelamento:

Associaçom Cultural Filhos da Galiza desmantela os seus projectos na rede

A associaçom levava messes sem fundos nem um relevo necessário na direcçom · O prazo para a receber ofertas polos serviços na rede remata a 10 de julho

PGL – A Associaçom Cultural Filhos da Galiza decidiu em desmantelar a estrutura de serviços na rede que levava mantendo desde há 13 anos. A comunidade virtual Atopadoiro.org, Fillos.org ou PlanetaGalega.info som alguns dos sítios web que intentarám vender.

A situaçom a que se chegou em fevereiro deste ano obrigou a Filhos da Galiza a procurar um relevo imediato na direcçom da associaçom por parte de algumha entidade. Esta procura foi infrutuosa, facto polo qual à associaçom decide vender a maior parte dos serviços na Internet.

Esperam até o 10 de julho para receber ofertas de aquisiçom dos seus projectos. «Dividimos os nossos serviços naqueles que poderiam ser mantidos sem requerer de mantimento técnico e sem termos que pagar um servidor, e o resto venderemo-los para pagarmos dívidas e continuar com os que nom se der vendido», explicou o seu secretário e fundador Manuel Casal Lodeiro.

Em assembleia de sócios que rematou o passado domingo, as 33 pessoas que fam parte do colectivo Filhos da Galiza aprovárom a medida de nomear umha directiva que exercerá o mandado durante menos dum mês  com o fim exclusivo de dirigir o processo. Casal aclarou que tanto ele como outros membros desta directiva temporal apresentárom as suas candidaturas «quase obrigados» pola ausência de sócios dispostos a se fazerem cargo. «A falta de compromisso é um dos problemas que nos tem levado a esta situaçom”, justificou, «ademais do fim do convénio que tínhamos com a Secretaria Geral da Emigraçom que nos deixou sem quartos para pagar a gestom técnica e o servidor».

Durante os últimos anos, a associaçom tinha uns gastos aproximados anuais de 45.000 euros, um terço dos quais era financiado mediante o convénio que assinaram com o anterior responsável da Emigraçom, Manuel Luís Rodríguez.

O conjunto das propriedades em linha da organizaçom foi valorado a começos de 2008 por umha empresa especializada independente em 625.500 euros. Este valor é o resultante de todas as web em funcionamento da associaçom, domínios em propriedade sem empregar e equipamentos informáticos.

A asociación cultural Fillos de Galicia desmantela os seus proxectos (Xornal de Galicia)
Outro medio de comunicación galego que se fixo eco do noso desmantelamento foi Xornal de Galicia:

A asociación cultural Fillos de Galicia desmantela os seus proxectos

Catro meses despois de lanzaren unha convocatoria chamada “Un futuro para Fillos” motivada pola súa incapacidade para xestionar o veterán portal e mais o resto de proxectos en Internet que fora creando na última década esta asociación cultural, acaban de publicar un comunicado anunciando o seu “desmantelamento”.

Nas vindeiras tres semanas pretenden recibir ofertas de adquisición por a maior parte dos seus proxectos. “Dividimos os nosos servizos en aqueles que poderían ser mantidos sen requerer mantemento técnico e sen termos que pagar un servidor, e o resto venderémolo para pagarmos débedas e continuar co que non se dea vendido”, explicou o seu secretario e fundador Manuel Casal Lodeiro.

Nunha asemblea extraordinaria de socios que rematou este pasado domingo día 20, as 33 persoas que fan actualmente parte desta asociación, aprobaron a medida e nomearon unha directiva que exercerá o seu mandato durante menos de un mes co fin exclusivo de dirixir o proceso. Casal aclarou que tanto el como outros membros desta directiva temporal presentaron as súas candidaturas, “case obrigados” pola ausencia de socios dispostos a facerse cargo. “A falta de compromiso é un dos problemas que nos ten levado a esta situación”, xustificou, “ademais do cesamento do convenio que tiñamos coa Secretaría Xeral de Emigración que nos deixou sen cartos para pagar a xestión técnica e o servidor”.

Durante os últimos anos a asociación tiña uns gastos aproximados anuais de 45.000 euros, un terzo dos cales era financiado mediante o convenio que asinaran co anterior responsable de Emigración, Manuel Luís Rodríguez.

En función do resultado desta convocatoria, unha nova asemblea decidirá en Xullo se a asociación conta cos recursos suficientes para continuar con proxectos máis modestos e se hai novos candidatos dispostos a liderar esa nova etapa menos complexa e menos custosa. A comunidade virtual Fillos.org constitúe ata o de agora o seu principal servizo na Internet e xunta nunha rede social online a case sete mil galegos e descendentes. Agora esa rede social está en venda, e eses milleiros de galegos á espera de alguén que queira continuar co servizo de ponte virtual entre Galicia e a súa Diáspora.

Morre sen apoios a maior e-comunidade de emigrantes (A Nosa Terra)
Con tan dramático e incorrecto titular A Nosa Terra trasmitía hoxe a noticia da nosa convocatoria de desmantelamento:

A XUNTA QUITOU A AXUDA A FILLOS.ORG

Morre sen apoios a maior e-comunidade de emigrantes

Redacción .  Catro meses despois de lanzaren unha convocatoria chamada ‘Un futuro para Fillo’ motivada pola súa incapacidade para xestionar o portal e mais o resto de proxectos en Internet que fora creando na última década esta asociación cultural, acaban de publicar un comunicado anunciando o seu ‘desmantelamento. ‘

Nas vindeiras tres semanas pretenden recibir ofertas de adquisición por a maior parte dos seus proxectos. “Dividimos os nosos servizos en aqueles que poderían ser mantidos sen requerer mantemento técnico e sen termos que pagar un servidor, e o resto venderémolo para pagarmos débedas e continuar co que non se dea vendido”, explicou o seu secretario e fundador Manuel Casal Lodeiro.

Nunha asemblea extraordinaria de socios que rematou este pasado domingo día 20, as 33 persoas que fan actualmente parte desta asociación, aprobaron a medida e nomearon unha directiva que exercerá o seu mandato durante menos de un mes co fin exclusivo de dirixir o proceso. Casal aclarou que tanto el como outros membros desta directiva temporal presentaron as súas candidaturas, “case obrigados” pola ausencia de socios dispostos a facerse cargo.

“A falta de compromiso é un dos problemas que nos ten levado a esta situación”, xustificou, “ademais do cesamento do convenio que tiñamos coa Secretaría Xeral de Emigración que nos deixou sen cartos para pagar a xestión técnica e o servidor”.

Durante os últimos anos a asociación tiña uns gastos aproximados anuais de 45.000 euros, un terzo dos cales era financiado mediante o convenio que asinaran co anterior responsable de Emigración, Manuel Luís Rodríguez. En función do resultado desta convocatoria, unha nova asemblea decidirá en Xullo se a asociación conta cos recursos suficientes para continuar con proxectos máis modestos e se hai novos candidatos dispostos a liderar esa nova etapa menos complexa e menos custosa.

A comunidade virtual Fillos.org constitúe ata o de agora o seu principal servizo na Internet e xunta nunha rede social online a case sete mil galegos e descendentes. Agora esa rede social está en venda, e eses milleiros de galegos á espera de alguén que queira continuar co servizo de ponte virtual entre Galicia e a súa Diáspora.

Fillos de Galicia cavila disolver a asociación (Vieiros)
Na súa canle Fwwwrando e baixo o lema “Desmantelamento de proxectos na rede” (que parece incluírnos noutras desaparicións que están a acontecer na Internet galega desde o cambio de goberno), publicou hoxe o principal portal galego de noticias, o seguinte artigo facéndose eco do noso aviso de desmantelamento:

Fillos de Galicia cavila disolver a asociación

Pola falta de apoios, o colectivo pon en venda a rede social que acumula a participación de milleiros de galegos na diáspora.

En asemblea extraordinaria, a Asociación Fillos de Galicia aprobou a pasada fin de semana elixir unha directiva que pilotará o proceso de probábel disolución do proxecto. Hai uns meses, o colectivo xa fixera un chamamento baixo o lema ‘Un futuro para Fillos’, co obxectivo de recrutar xente que se comprometese a xestionar os seus proxectos en internet. Froito da falta de resposta desa convocatoria, Fillos comunica agora o seu “desmantelamento”. Entre os principais atrancos para a continuidade da iniciativa láianse de que a secretaría xeral de Emigración lles retirou a axuda para xestión técnica e servidor outorgada durante a lexislatura anterior.

Na súa web expoñen os detalles da posta en venda dos seus proxectos. “Dividimos os nosos servizos en aqueles que poderían ser mantidos sen requirir mantemento técnico e sen termos que pagar un servidor, e o resto venderémolo para pagarmos débedas e continuar co que non se dea vendido”, explica o seu secretario e fundador Manuel Casal Lodeiro. A partir de aí, Fillos decidirá nunha nova asemblea o vindeiro mes de xullo se conta cos recursos suficientes para continuar con proxectos máis modestos “e se hai novos candidatos dispostos a liderar esa nova etapa menos complexa e menos custosa”. Na actualidade a rede Fillos, activa desde 1997, e xa que logo un dos proxectos pioneiros da internet galega, suma arredor de sete milleiros de usuarios.

O desmantelamento de Fillos de Galicia
Tal e como foi aprobado na asemblea extraordinaria de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia (ACFdG) que rematou este pasado domingo día 20 de Xuño, procedemos a lanzar a seguinte convocatoria para o desmantelamento de Fillos de Galicia.

Motivos

Dado que o proceso denominado Un futuro para fillos fracasou no seu obxectivo principal, que era atopar entidades que se fixesen cargo dos proxectos da nosa asociación…

Dado que os motivos de fondo daquela proposta lonxe de se amañaren, téñense agravado co tempo trascorrido desde entón, e a nosa asociación segue a carecer dos recursos humanos e económicos precisos para seguir a se facer cargo deses proxectos…

Dado que temos débedas ás que facer fronte, nomeadamente con ex-traballadores e colaboradores que nos teñen axudado ao longo destes anos co seu traballo e esforzo…

…a nosa Asociación lanza á sociedade galega a seguinte

Oferta

Poñemos á venda as seguintes propiedades:

Comunidade Virtual Fillos de Galicia

Non inclúe o Atopadoiro.

O comprador non poderá usar o nome de Fillos de Galicia para esta comunidade para evitarmos a confusión coa asociación cultural Fillos de Galicia, que polo de agora seguirá a existir, e tampouco se vende o seu dominio fillos.org. Deberá mudarlle por tanto o nome á comunidade virtual.

Si inclúe:

A base de datos de usuarios (máis de 6.900 a data de hoxe).

As listas de correo Rolda (FILLOS-L), Noticias-L e boletín de refráns, incluíndo as súas listaxes de subscriptores e arquivos de mensaxes existentes.

Sistema Wordpress MU agás os blogs actualmente existentes.

Taboleiro e os seus contidos (tamén nas súas versións vellas).

Bate-papo e os seus contidos.

Álbume de fotos (Galería).

Debe quedar claro que os contidos enviados polos usuarios neses apartados da comunidade virtual (Taboleiro, Galería, Batepapo, listas, etc.) son propiedade intelectual dos seus autores e que unicamente se trasmite a cesión do dereito de publicación na comunidade virtual en cumprimento das normas vixentes da mesma, así como os propios contidos no formato en que están agora publicados nela.

Quedan excluídos desta venda a imaxe corporativa de Fillos (logotipos, etc.) e outras creacións gráficas da ACFdG que poidan existir na comunidade virtual.

Queda excluído tamén calquera outro contido ou código de programación presente no servidor www.Fillos.org.

O Atopadoiro (base de datos para o reencontro familiar)

Inclúe o dominio atopadoiro.org e a base de datos.

eTIqueTAL

Inclúe dominio etiquetal.com e contidos.

Debulla

Inclúe dominio debulla.info e contidos.

Wiki da nacionalidade

Ubicado en Nacionalidad-Espanola.info.

Véndese o dominio xunto cos contidos actuais.

Galeguidade.net

Véndese o dominio pero non os contidos actuais.

Planeta-Galego.info

Véndese o dominio pero non os contidos actuais.

RedeGalega.org

Soamente inclúe o dominio.

Outros dominios

Segundo a listaxe xa publicada anteriormente, aínda que sen ter en conta os prezos mínimos que alí se indicaban.

Esa lista será completada de contado, xa que faltaban algúns dominios nela.

PC e outro material informático

Será descrito en breve.

Obxectivo

Os obxectivos que procuramos con esta nova convocatoria son:

darlle continuidade aos proxectos que conforman esas propiedades, pero xa noutras mans

obtermos fondos para pagar as débedas da asociación

se obtermos fondos sobrantes tras pagar esas débedas, darlle continuidade a aqueles proxectos que non sexan vendidos

se sobran fondos, doalos a outros proxectos sociais e culturais galegos que os nosos socios decidan apoiar

Prazo

O prazo límite para recibirmos ofertas será o día 10 de Xullo de 2010 ás 24 h (GMT+1).

Maneira de presentar as ofertas

As persoas ou entidades interesadas nalgunha das propiedades que poñemos á venda deberán facernos chegar un email a secretaria ARROBA fillos.org antes da data devandita, indicando:

Que propiedade(s) lle interesa(n).

Que oferta económica fan por elas (admitiranse ofertas por calquera cantidade, mesmo por 0 euros).

Posteriormente, na asemblea que comezará o día 11 de Xullo de 2010 os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia procederán a:

Optar entre as ofertas presentadas.

Decidir o destino dos fondos obtidos.

Votar sobre a posible disolucion da Asociación.

Outros aspectos da convocatoria

A nosa asociacion fai un chamamento aos posibles acredores a que nos fagan chegar a ese mesmo enderezo de e-mail as posibles reclamacións económicas que teñamos pendentes de pagamento, para estudar o seu pagamento a partir dos fondos obtidos.

Tamén fai un chamamento para que as persoas e entidades que deban diñeiro á ACFdG procedan á súa vez a pagalas o antes posible, para contribuír a nós pagarmos o que debemos.

A Xunta Directiva da ACFdG poderá modificar estes termos ao longo do periodo en que estea aberta a convocatoria para corrixir ou completar datos.

A Xunta Directiva foi capacitada pola Asemblea de socios para interromper o proceso aquí descrito se durante o mesmo recibe ou atopa outra opción para a supervivencia de Fillos de Galicia que considere permitirá manter os obxectivos e modos de funcionamento idóneos da asociación, da comunidade virtual e dos demais proxectos.