Nova oportunidade de mercar parcelas de compromiso con Fillos
Maio 14, 2009
Desde hoxe pódense volver mercar parcelas no noso proxecto Parcelaria Virtual pola Cultura Galega, e con importantes novidades. A primeira é que, aplicando as posibilidades da nova etapa dos Galeuros, agora algunhas entidades e os nosos socios poderán mercar estes orixinais espazos para a súa publicidade, sen diñeiro en efectivo. Poderán crear o seu propio diñeiro en forma de galeuros, para así financiaren a adquisición ate Febreiro de 2010 de tantas parceliñas como queiran.
Ademais o custo de cada unha, dado que tivemos que esperar a sincronizar esta nova oportunidade de compra co lanzamenteo da II Etapa dos Galeuros, é menor (cando antes eran 12 meses por 38,168 euros ou galeuros, agora serán 7,5 meses por 23,855 euros ou galeuros). Non esperes máis e reserva o teu espazo: 10×10 pixeles por menos de 24 euros, para apoiar as actividades de Fillos de Galicia, e promocionar o teu web persoal, de empresa ou do que ti queiras!
Elixe xa as túas parcelas e merca online mediante a nosa tenda electrónica! (Os socios que a quieran mercar creando os seus propios galeuros deberán poñerse antes en contacto con galeuros ARROBA galeuros PUNTO com para solicitalo).


O presidente de Fillos de Galicia, Daniel Tomé Seoane, entrevista ao pintor Jorge Peteiro con motivo da súa adquisición dunha parcela na
RSS xeral de Fillos.org