Remata unha nova asemblea de Fillos e comeza unha nova etapa: Fillos 5.0
Xullo 29, 2010 in Fillos de Galicia por CoordFillos
Onte rematou unha nova asemblea extraordinaria de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia na que se tratou como tema principal o resultado do chamamento feito para desmantelar os nosos proxectos.
Malia non termos recibido propostas dentro desa convocatoria, os socios votaron a prol de continuar coa actividade da asociación e aprobouse un plan que dará comezo a unha nova etapa, que comezamos a artellar desde hoxe mesmo e que poderiamos denominar Fillos 5.0.
Proximamente daremos máis detalles sobre como se fixo posible esta nova etapa e grazas a quen, e como serán os seus pasos e as mudanzas que vai experimentar Fillos de Galicia. Polo de agora o importante é que Fillos de Galicia vai continuar, con importantes trasformacións, e noutro formato, pero ha sobrevivir esta ponte virtual entre Galiza e mais a súa Diáspora e o meirande centro galego da Internet, que xa está a piques de chegar aos 7.000 usuarios.

RSS xeral de Fillos.org
Alédanos poder dar xa máis detalles sobre a nova etapa desta Comunidade Virtual: http://fillos.org/blog/2010/08/18/boas-novas-fillos-org-sobrevivira-grazas-a-blogaliza