Fillos de Galicia

Blogue

Fillos.org liquida os seus proxectos na rede (CulturaGalega.org)

Febreiro 25, 2010 in Fillos de Galicia, Fillos nos medios por CoordFillos

Hoxe apareceu esta reseña no portal da cultura galega acerca da convocatoria Un futuro para fillos. Queremos matizar o seu titular, que nos parece que non informa correctamente sobre o proceso.

Segundo o dicionario da Academida Galega, liquidar é:

liquidar v.t.

  1. Pagar completamente [unha conta, débeda, etc.]. Ata que liquide as débedas non me dan outro crédito. SIN. saldar.
  2. Vender [mercancía] rebaixando considerablemente o prezo. O bazar liquidaba todo por reformas. SIN. saldar.
  3. fig. e fam. Facer que [algo] deixe de existir e, por extensión, dar morte. A este paso van liquida-la flota pesqueira. SIN. destruír.Liquidounos a tiros. SIN. matar.
  4. Consumir [unha cousa] totalmente, en pouco tempo. Liquidaron de contado o que quedaba da torta.
  5. Dar fin a [un asunto, preito, etc.]. Liquídase así un contencioso que duraba xa dous lustros. // v.i. 6. Econ. Axustar formalmente as contas dun negocio. Para liquidar contrata un contable.

Coido que ningún deses significados se aplica ao proceso actual que encetou a nosa asociación: trátase de recibirmos propostas de continuidade. Unhas poderán ser económicas e outras non; unhas poderán implicar o traspado da propiedade e outras non; e desde logo o que pretendemos é que ningunha desas opcións signifique a morte e desaparición dos proxectos e servizos, todo o contrario.

Así que agradecemos a CulturaGalega.org a difusión pero pregamos que corrixan a nova.

Un futuro para Fillos, en CulturaGalega.org

One response to “Fillos.org liquida os seus proxectos na rede (CulturaGalega.org)”

  1. Rubi says:

    Eu busquei no Dicionario da Real Academia Española, o termo LIQUIDAR, e sinceramente impactoume ver ese título que dió o portal CulturaGalega.org referíndose á situación actual de Fillos de Galicia, xa que a definición da palabra, entre outras acepcións di:
    Liquidar: Pór termo a algo ou a un estado de cousas.
    Acabar con algo, suprimilo ou facelo desaparecer.

    Non creo que esa sexa a idea que anima esta proposta da Xunta Directiva de Fillos, senón a de atopar a alguén que continúe coa obra comezada fai máis de 13 anos…

Deixar unha Resposta

You must be logged in to post a comment.