Fillos de Galicia

Blogue

A nosa asociación busca ‘Un futuro para Fillos’

Febreiro 24, 2010 in Fillos de Galicia por CoordFillos

A Asociación Cultural Fillos de Galicia comunica á sociedade galega que tras 13 anos de existencia dos seus proxectos en Internet, dos que o portal e rede social Fillos.org é o máis sobranceiro, recoñécese incapaz de seguir a administralos. A unha constante insuficiencia de financiamento uniuse a falta dun relevo na dirección que non se deu solucionado desde e a IX asemblea xeral de socios celebrada hai agora un ano, na que xa se convertera nun problema alarmante. Sen fondos e sen persoas que poidan asumir a dirección dos proxectos, os socios decidimos facer pública a situación e buscar fóra da nosa organización, no conxunto da sociedade galega, a continuidade do principal referente da Diáspora galega en Internet, Fillos de Galicia, e de todos os demais proxectos que fomos poñendo en marcha ao longo destes anos de ilusión e esforzo compartido.

Así é que realizamos a presente convocatoria social para recibirmos propostas que aseguren un futuro aos nosos diversos webs:

Destas propiedades queda excluída Galeuros.com porque xa tiñamos aprobada a súa cesión a unha nova entidade pendente de conformar conxuntamente con outras persoas e organizacións, e Parcelaria.com porque o compromiso cos seus participantes era ata 2016 e imos encargarnos de deixalo cumprido.

O conxunto das propiedades online da nosa organización foi valorado a comezos de 2008 por unha empresa especializada independente, en 625.500 euros. Daquela a nosa intención ao solicitar unha taxación era avaliar a posibilidade de achegar esas propiedades como patrimonio fundacional para unha posible nova entidade que asegurase o futuro das nosas actividades: unha Fundación que nunca chegou a consitituirse. Así e todo, aí está esa cuantificación económica do traballo feito ate aquel momento:

Para la valoración que presentamos en este informe, se toma como el criterio valido principal, la inversión que supondría a cualquier organización adquirir el impacto en la red que posee en la actualidad la Asociación Cultural Fillos de Galicia a través de sus diferentes dominios. (…) Estimación del valor económico de la actividad de los espacios web de la Asociación Cultural Fillos de Galicia:
625.500 euros.

O obxectivo da presente convocatoria é que o traballo e esforzo de socios, colaboradores, voluntarios e traballadores de Fillos de Galicia ao longo destes 13 anos, poida ser non soamente conservado como un patrimonio que é de todos os galegos e galegas, e mais dos seus descendentes, senón que sexa por fin plenamente desenvolto e mellorado a prol dos seus usuarios e da pervivencia da cultura galega na Diáspora e no país, algo para o cal a nosa asociación xa non se considera capacitada. O que creamos desde Fillos foi algo tan grande que acabou por esgotar a capacide e o esforzo voluntarista da presada de persoas que conformamos a asociación. Agora coidamos que é o momento de que novas forzas continúen de mellor xeito o que nós comezamos.

As persoas a título individual ou entidades públicas ou privadas, comerciais ou non lucrativas, que estean interesadas en facerse cargo dalgún ou de varios destes webs e servizos, deberán enviar a secretaria ARROBA fillos PUNTO org antes do día 14 de Marzo unha breve memoria coa súa proposta, que conteña cando menos os apartados e características indicados no documento PDF que elaboramos con información máis completa. En caso de ser necesario, nós solicitaríamos aclaracións ou maiores detalles aos propoñentes.

Posteriormente os socios da nosa Asociación Cultural, reunidos nunha nova asemblea estudarán as propostas recibidas e decidirán sobre elas, nun prazo que prevemos non supere o 31 de Marzo. Nesa mesma asemblea prevese someter tamén a votación, en función dos resultados desta convocatoria, a posible disolución da nosa organización. Tras a asemblea, durante o mes de Abril, aplicaríanse os acordos e procederíase á cesión efectiva dos webs nos casos que a Asociación aprobase, e se así fose decidido, á súa autodisolución como organización.

Grazas de antemán a todos os que vos interesedes por continuar o noso traballo cultural e social. :-)

Para ampliar información:

16 responses to “A nosa asociación busca ‘Un futuro para Fillos’”

  1. anxel2271 says:

    Me siento raro siendo el primero en responder o comentar éste comunicado. Vivo de mi ordenador, hago gráfica publicitaria e imágen de empresa, y paso infinitas horas conectado a la red. Yo le soy muy grato a todas las organizaciones que acogen a los gallegos de la diáspora y nos ayudan, al menos a mi, a sabernos y sentirnos lo que en el fondo siempre somos, gallegos. Quisiera dar de mi tiempo para alguna iniciativa cómo la de fillos pero encuentro una gran limitación, non falo o galego y si bien hago todo lo posible para intentar aprenderlo termino haciendo una gran mezcla con el italiano que he debido aprender ya grande, así, me conformo de leerlo, que eso si se me da bien y de escucharlo cuando voy a galicia, que lo entiendo bastante bien ya que mi madre toda la vida me habló en gallego cómo la cosa mas natural del mundo, pero nosotros eramos chicos y no comprendíamos, queriamos ser “porteños”, así me perdí la oportunidad de crecer bilingüe y para cuando comprendí que yo soy intensamente porteño pero profundamente gallego ya era tarde para aprenderlo.
    Dicho ésto, reitero lo ofrecido en el correo en que agradecí los libros que me enviaran, estoy a vuestra disposición para colaborar en lo que sea a condición que pueda expresarme en castellano o eventualmente en italiano o inglés.
    Lo mejor para todos Uds.
    Anxel,

  2. GabrielaJ says:

    Siento mucho por todo lo que está enfrentando la asociación, publiqué en el blog http://bloggabrielagarcia.blogspot.com/ sobre esta situación, espero ayudar en algo a través de esta difusión.
    Buena suerte a Filhos y saúdos galegos,

    Gabriela Juana

  3. GabrielaJ says:

    Siento mucho por todo lo que está enfrentando la asociación, publiqué en el blog http://bloggabrielagarcia.blogspot.com/ sobre esta situación, espero ayudar en algo a través de esta difusión.

    Buena suerte a Fillos y saúdos galegos,
    Gabriela Juana

  4. Fillos de galicia — Blog — Fillos.org liquida os seus proxectos na rede (CulturaGalega.org) says:

    [...] apareceu esta reseña no portal da cultura galega acerca da convocatoria Un futuro para fillos. Queremos matizar o seu titular, que nos parece que non informa correctamente sobre o [...]

  5. CoordFillos says:

    Coido que tamén é importante ter en conta para entender como chegamos ata aquí, a serie de graves incidencias que sufrimos desde Maio de 2009. Eses problemas fixéronnos consumir moitas horas e moitas enerxías que tiñamos que adicar a outras cousas, como a asegurar o financiamento para este 2010. Pero en calquera caso, non están directamente relacionadas co noso problema definitivo: a falta de dirección.

  6. betinho says:

    @Anxel2271 non se preocupe polo tema da lingua, sempre que vostede teña os medios e a disposición de arrima-lo hombreiro, haberá xente disposta a colaborar nesas tarefas.

  7. LauraMM says:

    Hola a todos: siento mucho la situación, pero al leer las incidencias os comprendo. Me gustaría colaborar, ya lo había propuesto antes pero no he sido capaz de encontrar una manera efectiva. El tiempo se hace escaso cada día. Me doy cuenta de las dificultades sobre todo al no encontrar a la persona que “tire” del conjunto. No quería dejar de responder. Gracias y confianza. Laura

  8. TemposDixital » Fillos de Galicia busca un relevo na xestión dos seus proxectos na Rede says:

    [...] ou particulares capaces de xestionalos e melloralos. O máis coñecido deles, o portal Fillos.org, xunta nunha “rede social” a máis de 6.800 galegos e descendentes. Este portal [...]

  9. CoordFillos says:

    Continúan as aparicións nalgúns medios online galegos. Agora en TemposDixital.com.

  10. CoordFillos says:

    Como Vieiros non se fixera eco da nota de prensa enviada, tiven que publicar eu mesmo vía OpenVieiros. Aproveitei para o facer doutra maneira máis esquemática e evitando os erros na interpretación que se viñan producindo.

  11. Fillos de galicia — Blog — Fillos.org: Quen quere coller o relevo? (Vieiros) says:

    [...] publiquei na sección aberta ao envío dos lectores unha nova acerca do noso proceso Un Futuro para Fillos. Diante da escasa e confusa difusión que está a ter a nosa convocatoria e a nota de prensa, imos [...]

  12. Fillos de galicia — Blog — As estatísticas públicas de Fillos.org deixan de estar accesibles por problemas técnicos says:

    [...] esta información ao público era unha mostra de transparencia convinte dentro do proceso aberto de Un futuro para Fillos no que convocamos a outras entidades a se faceren cargo dos nosos [...]

  13. Fillos de galicia — Blog — Convocada nova asemblea extraordinaria da Asociación Cultural Fillos de Galicia says:

    [...] nosa Xunta Directiva por rematadas sen froito as negociacións emprendidas con Reditegal a raíz da convocatoria Un futuro para Fillos e polo tanto considerar esa vía de futuro para os nosos proxectos, fracasada, convocouse unha nova [...]

  14. Fillos de galicia — Blog — Remata unha nova Asemblea Extraordinaria da asociación cultural Fillos de Galicia says:

    [...] extraordinaria que fora convocada de urxencia tras o fracaso nas negociacións relativas ao proceso Un futuro para Fillos que abríramos en Febreiro deste ano ante a situación pola que atravesaba a nosa [...]

  15. Fillos de galicia — Blog — O desmantelamento de Fillos de Galicia says:

    [...] que o proceso denominado Un futuro para fillos fracasou no seu obxectivo principal, que era atopar entidades que se fixesen cargo dos proxectos da [...]

Deixar unha Resposta

You must be logged in to post a comment.