Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2009 Decembro.

Aviso urxente para os usuarios de e-mail en DeGalicia.org

Decembro 31, 2009

O pasado día 29 enviamos a algúns usuarios que desfrutan de contas de correo no dominio DeGalicia.org a seguinte mensaxe:

Estimado/a usuario/a:

Estamos poñendo ao día diversos aspectos da nosa xestión. Entre eles están as contas de correo utilizadas en DeGalicia.org, unha das cales utilizas ti.

Como sabes os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia dispoñen dunha conta gratuita: se este é o caso e a túa é unha conta de socio/a
estás ao día do pagamento da túa cota, por favor indícanos cal é o teu nome de membro para actualizalo nas nosas fichas.

Se non estás ao día e queres renovar a túa cota de socio/a podes facelo doadamente por medio da nosa tenda online que como saberás agora está ubicada en http://www.galeuros.com/tenda

No caso de que non queiras renovala ou de que sexa unha conta contratada hai tempo, pregámosche realices o pagamento tamén por medio da tenda do produto “conta de correo” en http://www.galeuros.com/tenda/index.php?cPath=25 que agora está rebaixado a 18 euros/ano.

Ou pode ser o caso de que teñas a túa conta en calidade de colaborador/a habitual de Fillos. Se é o caso ponte en contacto connosco.

Se non se dá ningunha destas circunstancias a nosa Asociación non poderá continuar ofrecéndoche a conta de correo.

Se consideras que hai algún malentendido ou problema ao respecto do que che comentamos, pregámosche te poñas en contacto connosco o antes posible para amañalo.

O día 11 de Xaneiro procederemos a borrar aquelas contas de correo que non atopemos xustificadas como pertencentes a un/ha socio/a,
colaborador, cliente, ou premiado no sorteo de 2006.

Saúdos e agardamos as túas novas.

Os usuarios que teñan aí contas pero non teñan recibido o aviso por medio do correo electrónico, non teñen de que preocuparse.

Recuperamos o Bate-papo en Fillos 4.0!

Decembro 22, 2009

Curiosamente, a versión cadra: é a 4ª versión do noso chat, que tanto achabamos en falta os membros máis asiduos da nosa comunidade. Agora tedes, en fase de probas, un novo batepapo para parolardes cos amigos de Fillos que estean conectados en cada momento.

Agardamos coñecer a vosa opinión sobre o novo sistema, que trae algunhas melloras, como o aviso acústico que tantos de vós nos solicitárades. Xusto a tempo para nos felicitarmos online o Nadal… volve o batepapo de Fillos!

Adherimos á plataforma Queremos Galego

Decembro 19, 2009

Non sen tempo, e tras votación unánime dos nosos socios, a Asociación Cultural Fillos de Galicia vén de se adherir á plataforma Queremos Galego.

Queremos Galego

Proximamente hanse visualizar os banners da plataforma na nosa rede de webs, como mostra de apoio da nosa organización.

Participa xa no noso novo sorteo de libros galegos!

Decembro 15, 2009

A partir de hoxe e só durante 7 días poderedes enviarnos a vosa escolla de libros galegos dos que nos foron doados na nosa histórica campaña Un libro galego para os fillos que están lonxe, que este ano novamente poderemos enviar como agasallo de Nadal a ducias de galegos do exterior grazas ao apoio económico da Excma. Deputación Provincial de A Coruña. Abonda con que entres en http://fillos.org/sorteos e selecciones os que queres recibir.

Lembramos que, como outros anos:

  • Se o número de participantes é maior dos envíos que podemos realizar, farémolos por rigorosa orde de chegada das solicitudes.
  • Se os libros que elixes pesan máis do que podemos enviar ou non os hai, elixirémosche outros nós.
  • Só poderán participar os membros que residan fóra de España.
  • Deberedes ter os vosos datos de enderezo postal correctamente postos para poderdes recibir os libros.
  • Hai que conectarse con nome de usuario e contrasinal, para poder seleccionar os libros.

Bulide, que o día 22 remata o prazo para pedir os libros galegos aos Astrónomos de Oriente!