Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2009 Novembro.

Poñemos á venda parte da nosa carteira de dominios

Novembro 27, 2009

Hoxe vimos de xuntar nunha única páxina diversos nomes de dominio rexistrados a nome da nosa Asociación, que non chegamos a desenvolver ou que tiñamos rexistrado por diversos motivos. Convidamos a aquelas persoas ou entidades interesadas nalgún deles a nos faceren unha oferta.

Mellorando a nosa Galería de fotos

Novembro 18, 2009

Os problemas que viñamos tendo cos permisos para que cada quen puidese modificar as súas fotos desde o paso a Fillos 4.0 xa van sendo amañados. Ademais agora estamos aproveitando para facer melloras que simplifiquen o uso da Galería para enviarmos as nosas fotos persoais. Na parte superior dereita, baixo o menú xeral de Fillos.org, habedes ver unha ligazón Tu álbum para o voso álbume persoal. Agardamos ver as vosas fotos! …e se tedes calquera dúbida por favor contactade connosco ou deixade aquí un comentario.

Retrasos na distribución de correo no noso servidor

Novembro 18, 2009

Desde hai uns días vimos experimentando importantes retrasos na distribución do correo nas contas do noso servidor. Isto está afectando principalmente ás listas de correo (algunhas con milleiros de subscriptores, como FILLOS-L), tanto aloxadas en Fillos.org como noutros dominios nosos e dos clientes de RedeGalega. Lamentamos estes problemas que de novo son alleos á nosa responsabilidade. O noso fornecedor, Dinahosting, ten feito unhas configuracións moi limitadoras neste sentido, segundo nos teñen explicado, para evitar que determinados servidores de correo gratuito (Gmail, Hotmail, Yahoo, etc.) cataloguen negativamente o noso servidor por enviarlles demasiados emails aos seus usuarios. Abriante!

De calquera xeito estamos tentando explorar modificacións técnicas que fagan posible superar este atranco. Polo de agora o que podemos aconsellar é que os nosos usuarios se comuniquen por medio do propio portal e non dependan da lista FILLOS-L (ou Rolda) para estar ao día das novidades en Fillos.

A asemblea extraordinaria da A.C.Fillos de Galicia aproba o inicio da socialización dos Galeuros

Novembro 17, 2009

A asemblea extraordinaria de socios que rematou hoxe aprobou un proceso cara á socialización da nosa moeda complementaria. Tedes máis información no blog dos Galeuros.

Nacen os grupos locais de Fillos

Novembro 4, 2009

Hoxe vimos de inaugurar uns novos espazos neste Fillos 4.0 para dar cumprimento a unha vella demanda dos nosos usuarios: a capacidade de nos organizarmos por grupos locais de membros que residen nunha mesma área. Así, hoxe botan a andar os grupos de Fillos na Arxentina, no Brasil, en Chile, en Euskadi… e tamén os que residimos na Galiza. Estes grupos han permitir un contacto máis estreito entre os membros da Comunidade Virtual que viven máis preto facilitando, entroutras cousas:

  • a organización de xuntanzas e outros eventos presenciais
  • a colaboración co Atopadoiro na procura de familiares nesas zonas
  • o intercambio de galeuros
  • etc.

Animamos a todos os membros a que busquen o seu grupo e se unan para estaren máis en contacto cos compañeiros de Fillos que viven no seu país. Proximamente iremos creando outros grupos para outras zonas, pregamos paciencia ;-)