Queres crear un blog en Fillos.org?
Outubro 18, 2009Na nova versión da nosa Comunidade Virtual, Fillos 4.0, abrimos unha nova posibilidade: que os nosos usuarios cren blogs de seu.
Se che interesa dispoñer dun blog persoal ou para publicar entre varias persoas, que estea dispoñible na nosa sección de blogs, xunto aos blogs creados pola nosa Asociación, envíanos unha mensaxe a CoordFillos indicándonos a temática que tería o blog e un título que che gustaría poñerlle. Ten en conta que os requisitos para dispoñeres dun blog son:
- Ser membro de Fillos de Galicia (usuario/a rexistrado/a).
- Que o blog trate algún destes temas ou algún outro relacionado coa nosa área de traballo:
- Diáspora galega.
- Lingua galega.
- Cultura galega.
- Que o blog se ateña ás normas xerais da Comunidade Virtual.

RSS xeral de Fillos.org