Blogue
Estas vendo o arquivo de 2009 Outubro 16.
Outubro 16, 2009
Desde hoxe teñen os nosos membros e visitantes dispoñibles para descarga algúns libros en diversos formatos electrónicos na nosa Biblioteca. Para descargar algún deles é preciso estar rexistrado e conectado na nosa Comunidade Virtual.
En vindeiras datas esperamos ir publicando máis e actualizar outras das máis de 200 descargas que aínda están pendentes de pasar a este Fillos 4.0 procedentes da nosa anterior versión do portal. Aos poucos, imos achegando os contidos históricos de Fillos!
Posted in Fillos de Galicia | 2 Comentarios »
Outubro 16, 2009
Desde hoxe temos xa integrado neste novo portal o blog adicado aos poetas da Diáspora galega, titulado Diáspora Poética, e que nacera como continuación do libro que publicáramos coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración: a Antoloxía Poética da Diáspora Galega.
Convidamos a todos os autores daquel libro e a calquera outro membro da nosa Comunidade Virtual que goste de escribir poesía a participar cos seus poemas neste blog, que agora terá unha vida máis intensa facendo parte do novo portal. Os interesados poden poñerse en contacto con CoordFillos para solicitar a autorización que os permita enviar textos.
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »