FILLOS.ORG CONVÉRTESE NO 7º MAIOR CENTRO GALEGO DO MUNDO
Outubro 2, 2009Na súa nova etapa como “Fillos 4.0″ xunta na Rede máis de 6.700
usuarios
(máis…)

Na súa nova etapa como “Fillos 4.0″ xunta na Rede máis de 6.700
usuarios
(máis…)
O webzine Certo de Barbanza e Noia faise eco da nosa posición como 7º centro galego do mundo. En http://xornalcerto.blogspot.com/2009/10/emigracion-fillos-de-galicia-setimo.html podemos ver a reprodución da nosa nota de prensa xunto cunha captura do noso web.
Mediante este comunicado anunciamos que o día 1 de novembro de 2009 (aninovo celta) dará comezo por medio de Internet unha asemblea extraordinaria de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia. O motivo desta asemblea é múltiple:
A folla de ruta para esa evolución está actualmente en fase de elaboración.
(A orde do día definitiva será comunicada por correo electrónico aos socios.)
Convidamos a todos os nosos membros, simpatizantes, colaboradores e en xeral a todos os galegos sensibilizados coa pervivencia da nosa cultura na Diáspora a que se afilien antes do comezo da Asemblea para así poderen participar nestas decisións vitais para o futuro de Fillos de Galicia e para poderen presentarse a algún dos cargos devanditos.