Blogue
Estas vendo o arquivo de 2009 Outubro.
Outubro 18, 2009
Na nova versión da nosa Comunidade Virtual, Fillos 4.0, abrimos unha nova posibilidade: que os nosos usuarios cren blogs de seu.
Se che interesa dispoñer dun blog persoal ou para publicar entre varias persoas, que estea dispoñible na nosa sección de blogs, xunto aos blogs creados pola nosa Asociación, envíanos unha mensaxe a CoordFillos indicándonos a temática que tería o blog e un título que che gustaría poñerlle. Ten en conta que os requisitos para dispoñeres dun blog son:
- Ser membro de Fillos de Galicia (usuario/a rexistrado/a).
- Que o blog trate algún destes temas ou algún outro relacionado coa nosa área de traballo:
- Diáspora galega.
- Lingua galega.
- Cultura galega.
- Que o blog se ateña ás normas xerais da Comunidade Virtual.
Posted in Fillos de Galicia | 16 Comentarios »
Outubro 16, 2009
Desde hoxe teñen os nosos membros e visitantes dispoñibles para descarga algúns libros en diversos formatos electrónicos na nosa Biblioteca. Para descargar algún deles é preciso estar rexistrado e conectado na nosa Comunidade Virtual.
En vindeiras datas esperamos ir publicando máis e actualizar outras das máis de 200 descargas que aínda están pendentes de pasar a este Fillos 4.0 procedentes da nosa anterior versión do portal. Aos poucos, imos achegando os contidos históricos de Fillos!
Posted in Fillos de Galicia | 2 Comentarios »
Outubro 16, 2009
Desde hoxe temos xa integrado neste novo portal o blog adicado aos poetas da Diáspora galega, titulado Diáspora Poética, e que nacera como continuación do libro que publicáramos coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración: a Antoloxía Poética da Diáspora Galega.
Convidamos a todos os autores daquel libro e a calquera outro membro da nosa Comunidade Virtual que goste de escribir poesía a participar cos seus poemas neste blog, que agora terá unha vida máis intensa facendo parte do novo portal. Os interesados poden poñerse en contacto con CoordFillos para solicitar a autorización que os permita enviar textos.
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Outubro 15, 2009
Grazas ao noso Xestor Técnico, Martín, desde hoxe desfrutamos da posibilidade de ver as nosas fotos ubicadas nos Google Maps (e tamén no Google Earth, para os que o teñades instalado). Pouco a pouco iremos situando cada unha delas no mapa que podedes consultar en http://fillos.org/wpg2?g2_view=map.ShowMap
Convidamos a todos os nosos membros a que se conecten ao portal e vaian editando cada unha das súas fotos, en na pestana Google Map, poderán ubicala de diversas maneiras. Tamén é interesante que lles acheguemos etiquetas (tags) que as relacionen cos lugares onde foron feitas e outras palabras clave de interese para os demais compañeiros da Comunidade. Se tedes dúbidas, deixade aquí un comentario ou escribide a XesTecFillos.
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Outubro 13, 2009
http://garipano.blogaliza.org/2009/10/13/etiquetal/
Por que non falar tamén de Etiquetal?
No propio web de etiquetal podemos ler o seguinte:
“eTIqueTAL é un proxecto da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que ven xuntando galegos en Internet desde hai moitos anos. Foi posto en marcha grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia”.
“A mellor forma de axudares a este proxecto é espallando o seu coñecimento na Rede. Cantas máis persoas participen será máis divertido e poderemos atopar todos máis xente afín. Evos o típico servizo que requere un certo número de usuarios para comezar o denominado efecto bola de neve.” (…) “E dáresnos ideas para mellorar o web tamén é moi interesante! Usa a ligazón que di Contacto no menú da dereita para todas estas achegas.”
“Dado que este proxecto foi creado para potenciar o emprego do galego pola mocidade, o idioma das páxinas é o galego, e solicitamos aos usuarios que sexa ese o idioma no que poñan as súas frases, as súas etiquetas, as súas mensaxes… Loxicamente haberá nomes propios e cousas noutros idiomas, principalmente nas etiquetas, pero pedimos aos usuarios que sempre empreguen o galego para se comunicaren entre eles. Se é preciso procederemos a filtrar contidos que non estean en galego das nubes de etiquetas.”
Ademais na mesma páxina de inicio deste sistema podedes ler toda a axuda necesaria, claramente explicada, para darse de alta e empregar esta rede social sen ningún tipo de problema.
Con etiquetal podes poñerte en contacto co medio millar de persoas que se atopan rexistradas nesta rede social. Neste senso podes enviarlles mensaxes, crear un perfil, participar no batepapo (unha especie de chat en directo coa xente que se encontre conectada nese momento), discutir sobre a leria da semana (unha pregunta ou frase colgada do sistema) co resto de participantes, recibir tiques (puntos) segundo a túa actividade, definirte usando etiquetas (palabras que describen os teus gustos) para atopar a máis xente que teña afinidade contigo, etc
Rexístrate agora en Etiquetal e coñece a unha boa presada de xente!!
Agardamos que sexa do voso gusto.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 8, 2009
Por demanda dos nosos usuarios, vimos de estrear o 3º grupo de usuarios neste novo portal: aos Socios e Voluntarios agora engadimos a posibilidade de facer parte do grupo de membros que estamos Aprendendo galego. Este grupo terá o seu debate na sección do noso Taboleiro sobre lingua galega e servirá para todos aqueles membros que queiran practicar e aprender conxuntamente a lingua do noso pobo, coa axuda dos membros que teñen maiores coñecementos. A que esperas para te unires e practicar para mellorar o teu galego?
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Outubro 3, 2009
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=16201&id_cat=8
Nesta semana a rede social máis veterana da comunidade galega do exterior, Fillos.org, superou en número de participantes ao Centro Galego de México, co cal se sitúan, segundo os seus cálculos, como a “sétima maior entidade galega da diáspora”.
En palabras do seu fundador, Manuel Casal Lodeiro, “Con tan só 12 anos de existencia”, esta peculiar Casa de Galiza virtual que xunta galegos de todas partes do mundo só sería superada por seis entidades de Montevideo, Bos Aires, Caracas, A Habana e Bruxelas. Segundo explican, “Fillos 4.0″ xunta na Rede máis de 6.700 usuarios.
Durante os últimos tempos afirman ter pasado por dificuldades técnicas e de xestión derivadas do crecente traballo que precisa o portal e os seus proxectos derivados, pero aínda así o medre de usuarios non parou e a asociación cultural responsable continúa a buscar maneiras de mellorar o servizo. Dentro destas melloras encadraríase a renovación do portal principal, que baixo a denominación de “Fillos 4.0″ ofrece tamén desde esta semana un aspecto e contidos máis acaídos ás modernas redes sociais.
Nesta nova etapa tamén tiveron anovacións técnicas e visuais algúns outros portais que foron nacendo de Fillos.org ao longo destes anos, como PlanetaGalego.info ou Galeguidade.net. Con esta nova andaina agardan “facilitar a participación de todos os galegos en calquera lugar do mundo que vivan, e conformar unha comunidade capaz de satisfacer a necesidade de contacto, información e servizos que teñen milleiros de persoas na nosa diáspora”.
Desde a asociación tamén recoñecen que neste salto evolutivo, que aínda vai continuar nos vindeiros meses nunha mellora permanente, foi fundamental a intervención do seu novo xestor técnico, Martín Vázquez Cabanas. En opinión de Vázquez, brionés estudante de Informática na USC, “o cambio de modelo potenciará a interacción entre os membros, dándolles un meirande protagonismo, tamén por medio das funcións de blog”. Asemade, afirma que o novo sistema que soporta o portal fai que este sexa “máis robusto ao tempo que sinxelo e cómodo de usar”, di.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 3, 2009
http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1330:fillos-de-galicia-inaugura-nova-etapa-como-setimo-centro-galego-do-mundo&catid=1:internet&Itemid=52
Na sua nova etapa como ‘Fillos 4.0’ junta na Rede mais de 6.700 usuários
PGL – A rede social Fillos.org, superou em número de participantes o Centro Galego de México, polo que se situam, segundo os seus cálculos, como a sétima maior entidade galega da Diáspora.
Com apenas 12 anos de existência, esta peculiar Casa da Galiza virtual só seria superada por seis entidades de Montevideu, Buenos Aires, Caracas, La Havana e Bruxelas.
Após ter ultrapassado um período marcado polas dificuldades técnicas e de gestom, motivado polo crescente trabalho que precisa o portal e os seus projectos derivados, o colectivo conseguiu juntar um importante número de apoios e melhorar a experiência dos usuários com um novo desenho web que inclui diversas inovaçons técnicas.
Mercê ao trabalho do novo gestor técnico, Martín Vázquez Cabanas, nesta nova etapa também fôrom renovados outros portais que nascérom do projecto primeiro como PlanetaGalego.info ou Galeguidade.net.
As mudanças em Fillos.org continuarám num par de meses com a celebraçom de umha assembleia geral de sócios na que será elegido novo presidente e secretário, após um longo período marcado pola presença de Manuel Casal, fundador do projecto.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 2, 2009
Na súa nova etapa como “Fillos 4.0″ xunta na Rede máis de 6.700
usuarios
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia, Nota de Prensa | Sen comentarios »
Outubro 2, 2009
O webzine Certo de Barbanza e Noia faise eco da nosa posición como 7º centro galego do mundo. En http://xornalcerto.blogspot.com/2009/10/emigracion-fillos-de-galicia-setimo.html podemos ver a reprodución da nosa nota de prensa xunto cunha captura do noso web.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »