Fillos de Galicia

Blogue

Benvidos a Fillos 4.0!

Setembro 28, 2009 in Fillos de Galicia por Admin

Como avisabamos esta tarde, estabamos ultimando os labores finais de actualización do portal. Hoxe día 28 de Setembro de 2009, cadrando coa nosa conversión no 7º maior centro galego do mundo (ao superar os 6.700 usuarios) estreamos a 4ª versión do noso portal, á que vimos de denominar Fillos 4.0.

Durante os vindeiros días aínda seguiremos a facer algúns axustes técnicos e de contidos así que pregamos paciencia aos nosos usuarios e visitantes.

Desde a Asociación Cultural Fillos de Galicia queremos aproveitar para lle darmos especialmente as grazas ao noso técnico, Martín Vázquez, polo estupendo traballo e o seu esforzo nesta titánica evolución dun portal con máis de 100 Mbytes de contido, anos de historia e 6.700 usuarios.

6 responses to “Benvidos a Fillos 4.0!”

  1. Admin says:

    Entre as deficiencias que podedes atopar temporalmente están:

    Algúns textos da interface do portal, non aparecerán en galego, senón en inglés e/ou castelán.
    Algunhas ligazóns non funcionarán.
    Algúns contidos ou servizos dos que dispuñamos no portal Fillos 3.0 non estarán dispoñibles (p.ex. o Batepapo).

    A equipa técnica seguirá traballando arreo durante os vindeiros días ata termos completado o proceso de actualización do portal. Namentres agradecemos a vosa paciencia e compresión.

  2. XorxeLois says:

    Efectivamente, hai que ter moita paciencia e comprensión !!!

    Polo de agora, estou perdido, neste 4.0, “como un turco na néboa” !!!

    Unha forte aperta.

    Xurxo Lois
    Bos Aires

  3. CoordFillos says:

    Perdido? Pois dime que é o que non atopas, Xurxo Lois, e tentarei axudar. Non perdas de vista que os lugares principais do portal 3.0 seguen a chamarse igual: Taboleiro, O Concello, A Eira, A Praza… e telos sempre na navegación da parte superior dereita das páxinas.

  4. CoordFillos says:

    As cifras de referencia para nos clasificarmos como o 7º centro galego do mundo están tiradas de http://fillos.org/blog/2007/09/10/fillos-superou-onte-os-5-000-membros/

  5. Reactivando o xestión dos galeuros - O blog dos Galeuros says:

    [...] de varias semanas de parón debido á reorganización interna e ao mega-proxecto de posta en marcha de Fillos 4.0 estamos retomando o ritmo e o pulo da nosa [...]

  6. Fillos de galicia — Blog — Estatísticas de visitas a Fillos.org en 2008 e 2009 says:

    [...] Coidamos moi posible que as modificacións que realizamos a nivel de servidor para evitar unhas visitas abusivas por parte de Google así como os diversos problemas técnicos que vimos sufrindo desde 2008, agravados desde Maio de 2009, tiveron efecto nestas cifras á baixa. Pero tamén debemos recoñecer que o noso portal perdeu as altas cifras de visitas que nos caracterizaban, e que esa tendencia non foi modificada tras o enorme esforzo humano e económico que supuxo a evolución a Fillos 4.0. [...]

Deixar unha Resposta

You must be logged in to post a comment.