Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2009 Agosto.

Aviso sobre a nova versión da nosa Comunidade Virtual

Agosto 19, 2009

Grazas ao inestimable labor do noso novo Xestor Técnico, Martín, temos xa case lista a nova versión do noso portal, a cal vai supoñer un novo pulo para a Comunidade Virtual de Fillos de Galicia. Como sabedes vimos sufrindo diversos problemas técnicos nestes últimos tempos, o cal unido á necesaria evolución e modernización tras 3 anos da encarnación actual (Fillos 3.0) fixo aconsellable traballarmos arreo para dar un salto cara adiante e fornecervos cun entorno máis seguro, rápido, funcional e agradable: así será que Fillos 4.0 verá a luz durante os vindeiros días.

Porén, como en todo cambio nun portal das dimensións de Fillos.org o proceso será longo e durará un tempo, durante o cal sufriremos a carencia dalgunhas seccións e deberémonos ir adaptando á nova estetica, navegación e funcionalidade do novo portal. Tamén vos queremos pedir que non actualicedes a información durante o día de mañá, xoves, e que non subades imaxes ao noso álbume porque os contidos novos correrán risco de non ser pasados á nova versión do portal. Esperamos que comprendades que estas pequenas molestias e as que poidamos sufrir por breve tempo ata o axuste perfecto do novo web, han pagar a pena por todo o que imos gañar de melloras nel. Axiña teremos nestas páxinas unha anovada e máis dinámica Comunidade Virtual Galega.
(máis…)