Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2009 Xuño.

Comezamos unha migración masiva de portais PostNuke

Xuño 20, 2009

Como consecuencia da nova configuración do servidor adicado que temos contratado con Dinahosting, e os problemas de seguridade asociados a esta nova configuración e que nos levan producido tantos quebradeiros de cabeza tanto a nós como a eles, tomamos a decisión de realizarmos un masivo proxecto de migración que suporá o abandono progresivo pero urxente de todos os portais baseados no CMS PostNuke e o paso a novos sistemas máis seguros. Onte mesmo realizamos a parte máis grosa da migracion de Galeguidade.net, un dos portais que máis se viña vendo afectado polos ataques de crackers, e nos vindeiros días han seguir outros tanto nosos como de clientes de RedeGalega. Lamentamos as molestias e fallos que temporalmente se han producir no acceso aos diversos portais, pero pagará a pena polo que imos gañar en seguridade e mesmo en novas funcións que poderemos desenvolver nas novas plataformas. Grazas pola comprensión e a paciencia a todos os nosos usuarios e clientes!
(máis…)

Inauguramos o Blog dos Galeuros

Xuño 16, 2009

Hoxe nace para manter informados a todos os interesados un blog que irá sendo mantido polo administrador e polo dinamizador dos galeuros, de tal xeito que toda a actualidade e evolución do proxecto estea reunida nel. Visitádeo en http://galeuros.com/blog/
(máis…)

Fillos de Galicia adhírese ao Manifesto en defensa da solidariedade coa poboación inmigrante

Xuño 15, 2009

Os nosos socios tamén aprobaron estes días o noso apoio oficial e adhesión ao Manifesto proposto polo Foro Galego da Inmigración e do que xa viñamos falando no noso Taboleiro.
(máis…)

Fillos de Galicia adhírese ao Manifesto básico pola defensa da Radio TV de Galicia

Xuño 15, 2009

Por votación dos socios da nosa Asociación expresamos o noso apoio oficial ao Manifesto Básico pola defensa da RadioTV de Galicia – Contra a censura e a marxinación da música galega publicado por Komunikando.net e invitamos a todos os nosos membros e visitantes a expresaren tamén de xeito individual a súa adhesión.
(máis…)

Cronoloxía das incidencias técnicas producidas pola actualización do noso servidor

Xuño 3, 2009

Dada a gran cantidade de incidencias que se levan producido a consecuencia da actualización realizada polo noso fornecedor de servidor web na noite do 28 ao 29/05/2009, consideramos que era mellor reunirmos toda a súa relación cronoxólica nunha soa páxina que permitese facer o seguimento conxunto dos problemas e das solucións, ofrecendo unha referencia única de consulta para os usuarios afectados e mais para o noso rexistro. Velaquí a listaxe de indicencias de máis antiga a máis recente, a cal menteremos actualizada mentres persistan as incidencias salientables…
(máis…)