Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2009 Marzo.

Trocos nos responsables da xestión

Marzo 30, 2009

Desde hoxe temos novidades nos responsables da xestión. Gabriel deixa de facerse cargo da maior parte das tarefas administrativas de xestor para adicarse máis aos seus estudos, e concentrará a súa colaboración con Fillos en labores concretos en diversas áreas:

(máis…)

Avanza a reforma dos galeuros: chamamento aos actuais posuidores

Marzo 24, 2009

Como xa anunciaba hai uns días o noso Xestor, na pasada Asemblea de Socios aprobouse unha importante reforma do noso sistema de moeda virtual, os Galeuros. Como parte dos trocos aprobados, lanzamos hoxe un chamamento aos actuais posuidores de galeuros, para que liquiden as súas contas se non están conformes coa devandita reforma, convertindo a euros, a un troco de 1:1, se teñen esa capacidad, segundo as normas ata o de agora vixentes.
(máis…)

Eliminado un troiano das páxinas do noso portal

Marzo 24, 2009

Polo que parece coa primavera volven os troianos ao ataque, como o ano pasado! :-( Aínda que xa o estamos eliminando, lembramos a todos os nosos visitantes que seguen a utilizar navegadores inseguros coma o Internet Explorer 6 que é moi recomendable que utilicen un bo antivirus actualizado a cotío e tamén que empreguen outro navegador web máis fiable, como Seamonkey, Opera ou Firefox. Lamentamos os problemas ocasionados por esta infección puntual que afectou ás nosas páxinas. Traballaremos para evitalas no futuro!
(máis…)

Rematou a IX Asemblea da nosa Asociación

Marzo 16, 2009

Informámosvos de que xa rematou a IX Asemblea e a partir de hoxe polo tanto poden inscribirse novos socios.
(máis…)

Manuel Rivas escribe sobre Fillos (El País)

Marzo 6, 2009

No artigo de Manuel Rivas publicado co título de Proposición para refundar Galicia enteira, podemos ler:

Dentro da emporcada, rara e gris campaña electoral, houbo un texto que me causou especial turbación e tristeza. O manifesto titulado Se resides, decides. Doeu porque respecto moito á xente que o asinou. Porque sei que a intención primeira é a dun proceso electoral na emigración o máis limpo posíbel. Algo que, por certo, vén sendo reclamado polas asociacións máis activas da diáspora, como Fillos de Galicia.Org. Que sexan galeguistas, mesmo persoas sobranceiras na cultura, os impulsores do manifesto é un dos contrasentidos que estamos a vivir. Un feito máis que demostra a necesidade de repensar, de profundar e refundar moitas cousas.

Grazas, Manuel, por te lembrares de nós e das nosas demandas e pola túa defensa desa TransGalicia. …A nós tamén nos doeu moito ese manifesto excluínte :-(