Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2008 Novembro.

Últimas fotos do álbume agora máis destacadas

Novembro 12, 2008

Desde hoxe tedes na parte inferior da columna esquerda do portal un pequeno bloco novo onde aparecerán destacadas as últimas fotos publicadas no noso álbume. Lembrade que se queredes publicar nel fotos debedes poñervos en contacto con xestor ARROBA fillos PUNTO org para que active a vosa capacidade de publicación en cada sección do álbume onde vos interese poñer as vosas fotos.
(máis…)

eTIqueTAL.com supera os 500 usuarios

Novembro 10, 2008

eTIqueTALDurante esta pasada fin de semana a nosa Rede Social Semántica Galega, eTIqueTAL.com, superou o medio milleiro de usuarios. Grazas a todos os que estades a participar nesta nova andaina por facer posible este medre!
(máis…)

Nova medida de seguridade no Debulla.info

Novembro 6, 2008

Debulla Hoxe vimos de engadir unha nova pregunta de seguridade ao noso xestor compartido de ligazóns favoritas: o Debulla.info. Para evitar o rexistro de persoas que non son galegas e que só o queren utilizar para facer propaganda de webs, puxemos unha adiviña que só un galego ou unha galega sería quen de adiviñar. Se aínda así non das coa resposta, escríbenos a debulla ARROBA debulla PUNTO info.
(máis…)