Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2008 Agosto.

Melloras no correo @DeGalicia.org

Agosto 30, 2008

Desde hai uns días os usuarios de correo en DeGalicia.org (gratuito para todos os socios e tamén dispoñible para algúns dos membros) poden desfrutar de salientables melloras no seu acceso vía web (webmail). Por exemplo agora á máis doado mover mensaxes entre carpetas. OLLO: porque algunhas mensaxes que tiñades no buzón de entrada cando se fixo a migración están nunha carpeta deo webmail chamada Migración -> Entrada, e debédelas seleccionar todas e arrastrar ata a bandexa normal de Entrada para así podérdelas baixar (descargar) vía POP (é dicir, co programa de correo que usedes: Thuderbird, Eudora, Outlook…).
(máis…)

A nova dos nosos 6 mil membros, na prensa galega

Agosto 22, 2008

Vimos de actualizar a nosa escolma de aparicións na prensa, para recoller as producidas con motivo da nosa chegada aos 6.000 membros o pasado día 15 de Agosto. Podedes velas na sección de Prensa. É especialmente salientable a aparición no noticieiro da Sociedade da Información editado na Rede pola Consellaría de Innovación e Industria, o que supón para nós un recoñecemento oficial máis do noso labor e relevancia. Grazas aos medios que se fixeron eco!
(máis…)

Fillos.org supera xa os 6.000 asociados (Galicia Hoxe)

Agosto 20, 2008

http://www.elcorreogallego.es/index_2.php?idMenu=354&idNoticia=334401&idEdicion=981

O portal Fillos.org acadou o xoves a cifra de 6.000 usuarios rexistrados, conformando así “a maior comunidade galega online do mundo”, segundo afirman desde a Asociación Cultural Fillos de Galicia, responsable deste e doutros proxectos en internet dirixidos á diáspora galega. Esta especie de “casa de Galicia virtual” estaría entre as oito maiores do mundo, se se compara cos centros galegos tradicionais. “Pertencer a Fillos é de balde”, din desde a entidade, e “calquera galego ou galega de nacencia, orixe ou sentimento, de aquí ou de acolá, pode inscribirse, sen facer falta papeis nin ter a nacionalidade”.

Como é xa habitual, a noticia confunde asociados con membros. Asociados só debería empregarse para facer referencia aos socios da nosa Asociación Cultural.

Fillos en Galicia Hoxe

Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase entre as principais comunidades virtuais da emigración (Código Cero)

Agosto 19, 2008

http://www.codigocero.com/Fillos-org-supera-os-6-000-membros

Fillos.org, portal da emigración galega que ten xa tras de si máis dunha década unindo aos galegos do exterior e do interior a través das novas tecnoloxías, vén de superar a cifra de seis mil usuarios rexistrados. Con este número total de afiliados e con claras perspectivas de ampliación a curto e medio prazo, a comunidade virtual sitúase entre as oito de maior envergadura do mundo. Con todo, e tal e como dixemos, Fillos.org leva anos suxeita a un proceso de medre constante. A clave disto probablemente estea no feito de non seguir, a diferenza dalgunhas entidades actualmente situadas entre as 10 de meirande magnitude, unha liña exclusivista. De feito, non se requiren máis requisitos para pertencer á comunidade (que é de balde) que sentirse galego ou galega, con independencia de ter nacido na nosa terra ou ter orixes nela. Segundo indicou hai uns días o secretario de Fillos.org, Manuel Casal Lodeiro (na imaxe, á esquerda), o colectivo tivo un medre superior ao 20% no número de usuarios ao longo do último ano.
Asemade, calcúlase que de manterse esta tendencia superarase a liña dos 10.000 afiliados nun prazo de 24 meses. Neste intre, e para afacerse ás novas circustancias, a comunidade atópase metida de cheo nun proceso de apliación de recursos, tanto técnicos como humanos (traballadores e voluntarios) co fin de poder afrontar a xestión do servizo nas condicións máis idónea para os seus usuarios. Así, está nos plans da organización a apertura dunha sede ou delegación en Santiago de Compostela co fin de estreitar a comunicación coas institucións galegas e co tecido cultural galego. Polo de agora e para ir asentando o terreo, xa están manter contactos con algunhas entidades públicas co obxectivo de obter un espazo onde habilitar a súa sede galega.

Fillos en Código Cero

¿Entre as principais comunidades virtuais da Diáspora? Ah, pero é que hai outras?

Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase nas principais comunidades virtuais da emigración (Ciberirmandade da Fala)

Agosto 19, 2008

O web da Ciberirmandade da Fala reproduciu a nota aparecida en Código Cero.

Fillos na Ciberirmandade

‘Fillos de Galicia’ chega aos seis mil usuarios (SociedadeDaInformacion.eu)

Agosto 19, 2008

http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/noticias/noticia/artigo/fillos-de-galicia-chega-aos-seis-mil-usuarios.html

Se se compara coas cifras de afiliados aos centros tradicionais, esta especie de “casa de Galicia virtual”, que leva once anos na rede, estaría entre as 8 maiores do mundo, constituíndo en calquera caso” a meirande comunidade galega online”.

Nunha tendencia inversa á dos centros galegos tradicionais, este colectivo non para de recibir novos membros. No último ano tiveron un crecemento superior ao 20% no número de usuarios, e calculan que de manterse a tendencia superarán os 10 mil usuarios de aquí a 2 anos.

En consecuencia están embarcados nunha “imprescindible” ampliación dos seus recursos humanos, traballadores e voluntarios, para poder xestionar o servizo “nas condicións que precisan os nosos usuarios”. “O que máis falta nos fai é dispor dun local onde podermos realizar o noso traballo: unha pequena oficina”, reclama o seu secretario, Manuel Casal Lodeiro. Os labores técnicos realizábanse ate o ano pasado desde Barakaldo, no País Vasco, pero decidiron abrir unha delegación en Compostela para poder estar máis en

contacto coa administración e coa rede cultural do país.

Esta entidade sen ánimo de lucro está á procura “dalgunha institución que nos axude cedéndonos un espazo, xa que os nosos ingresos son moi limitados e pagar un aluguer é un gasto adicional, pero de momento non tivemos resposta positiva”, polo que insisten en solicitar o apoio de entidades galegas, públicas ou privadas, para poder poñer en marcha esta nova oficina técnica en Galicia desde a que seguir espallando cultura e galeguidade pola Rede: “É unha necesidade urxente porque queremos conformar un novo equipo humano para se encargar da xestión e programación informática e non temos un lugar axeitado desde onde traballaren”.

A partir de Fillos.org fóronse creando outros sitios web, sempre co obxectivo de unir no mundo virtual, en igualidade, aos galegos “de Galicia” e aos do exterior. Entre os últimos proxectos postos en marcha en Internet por esta asociación están eTIqueTAL.com (unha web para “mocear” en galego), Debulla.info (un xestor compartido de “links” favoritos) e Nomes-Galegos.info (unha enciclopedia de nomes propios galegos de home e de muller).

Fillos de Galicia en SociedadeDaInformacion.eu

Capa do portal onde apareceu a nova

Fillos de Galicia supera los 6.000 miembros virtuales (El Correo)

Agosto 17, 2008

A edición de Margen Izquierda do xornal biscaíño El Correo fíxose eco, nunha breve nota, da nosa chegada aos 6 mil membros.

La Asociación Cultural Fillos de Galicia, con sede en Barakaldo, ha logrado que la página web que acoge la mayor comunidad gallega virtual del mundo -www.fillos.org- supere ya la barrera de los 6.000 usuarios. Desde hace un año, la entidad tiene una delegación en Santiago «para estar más en contacto» con las autoridades regionales.

Fillos de Galicia en El Correo

A COMUNIDADE VIRTUAL “FILLOS DE GALICIA” ACADA OS SEIS MIL MEMBROS

Agosto 14, 2008

O portal de Internet leva 11 anos xuntando galegos de todo o mundo.
(máis…)

Seguimos mellorando o uso do portal: agora as sesións durarán 30 minutos

Agosto 6, 2008

Na nosa permanente preocupación por mellorar a experiencia dos nosos membros das páxinas desta Comunidade Virtual, sempre dentro do que nos permiten os nosos escasísimos recursos, vimos de ampliar a duración da sesión (conexión) de 10 a 30 minutos. Así non será preciso reconectarse se tardamos moito en escribir unha mensaxe no Taboleiro, p.ex. Esperamos que vos permita usar con maior comodidade o portal.
(máis…)

Nova sección para os anuncios clasificados entre membros

Agosto 1, 2008

Vimos de reactivar a nosa sección de Anuncios Persoais Clasificados, que sufrira un mal funcionamento durante os últimos meses e que desaparecera por ese motivo da columna dereita do portal. Agora podedes publicar os vosos anuncios dunha maneira máis doada .
(máis…)