Blogue
Estas vendo o arquivo de 2008 Xuño.
Xuño 25, 2008
Os problemas técnicos de acceso que viñéramos sufrindo estes 3 últimos días, xa están amañados. Eran debidos a unha sobrecarga da base de datos, por culpa dos spambots que enlizaban masivamente os webs de algúns dos nosos clientes. Pregamos desculpedes as inconveniencias que isto puidera causar.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Xuño 20, 2008
Debido a que cada vez máis a actividade da nosa comunidade virtual xira en torno ao Taboleiro, hoxe decidimos probar unha nova e máis merecida ubicación, sacando as novas mensaxes que envían os nosos usuarios a este o noso foro da columna esquerda abaixo e dispoñéndoas na columna central. Esperamos que vos guste este cambio, que concede ao noso foro de usuarios o protagonismo que merece. Tentaremos ver de facer o propio proximamente co noso Batepapo.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Xuño 19, 2008
Debido á abrumadora cantidade de spam que recibimos a cotío na nosa conta principal e máis antiga de correo-e (aproximadamente 1.000 mensaxes/día), descontinuaremos a atención da mesma. Porén, todos os que envíen por erro algunha mensaxe a ese enderezo recibirán unha autorresposta indicando segundo o tema, a que outros enderezos de Fillos de Galicia deben escribir. Pregamos desculpas polos inconvintes que esta decisión poida supoñer.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »