Blogue
Estas vendo o arquivo de 2008 Marzo.
Marzo 31, 2008
Os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia vimos de aprobar en votación sumarmos á convocatoria da manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o vindeiro día 18 de Maio en Compostela. O lema da mesma será Polo dereito a vivirmos en galego.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Marzo 24, 2008
No proceso de integración e mellora de Fillos.org e outros webs responsabilidade da Asociación Cultural Fillos de Galicia como canles publicitarias, estamos analizando algunhas cifras que falan da efectividade e alta taxa de clicks dos banners que amosamos dos nosos anunciantes actuais. Velaquí as tedes.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 24, 2008

Para evitar o abuso do sistema, desde hoxe os visitantes que non sexan membros rexistrados non poderán enviar suxestións de novas ligazóns (links) para o noso directorio Navegaliza. Isto fará máis doado o traballo da súa xestora, Anamp. Se queredes suxerir algún link e non estades rexistrados escribídelle directamente a ela a navegaliza ARROBA fillos PUNTO org.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 20, 2008
Este mes de marzo conmemoramos o I aniversario da Proclamación da Nación Mundial Galega. Con ese motivo e para que o poidades celebrar connosco, vimos de poñer unha oferta por tempo limitado na nosa tenda, para que te fagas cunha das bandeiras que fixemos con este novo símbolo da Galiza Mundial. E lembra que tamén podes mercar as camisetas da Nación Mundial Galega, tamén a un prezo especial de aniversario!
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 15, 2008
Como continuación á experiencia da nosa Antoloxía Poética da Diáspora Galega, vimos de inaugurar unha lista de correo chamada LIRICA-L na que participarán algúns dos poetas participantes nesa antoloxía e outros que desde o exterior queiran compartir experiencia, textos, e proxectos en común. Nace así o primeiro colectivo poético galego virtual da diáspora, que terá continuidade nun blog de publicación electrónica de poemas nas vindeiras datas.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 15, 2008
Esta semana puxemos en marcha unha nova versión (a 3ª xa se non nos fallan as contas) do Bate-papo, o noso sistema de chat para membros rexistrados de Fillos de Galicia. Este novo chat emprega tecnoloxía Ajax, o que o fai máis dinámico e cómodo para todos os seus usuarios. Por desgraza os usuarios de Internet Explorer poden experimentar os habituais problemas de ubicación dos contidos, así que pregamos a todos que usedes outro navegador. Nas páxinas deste portal podedes atopar onde descargar o recomendado Firefox. Esperamos as vosas opinións sobre a nova e mellorada encarnación do Bate-papo que ven dar cumprimento a unha proposta que saiu aprobada na nosa última Asemblea.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Marzo 5, 2008
Agora poderás coñecer algunha forma nova de chegar aos galegos do exterior, a mellores prezos e axudando de paso a financiar as actividades da nosa Asociación Cultural. Descarga o PDF en galego ou en castelán e atopa a maneira axeitada de te dares a coñecer na Rede de man de Fillos de Galicia, gastando o diñeiro que ti queiras.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 3, 2008

Como xa viñamos anunciando, concluiu o periodo 2007-2008 da Parcelaria Virtual pola Cultura Galega. As parceliñas non renovadas están xa libres para quen as queira adquirir, simplemente facendo click sobre a desexada e indo a facer a compra na nosa tenda online. Contribúe a facer posibles as actividades de Fillos de Galicia escollendo xa a túa parceliña por apenas 38 euros.
(máis…)
Posted in Parcelaria Virtual pola Cultura Galega | Sen comentarios »