Blogue
Estas vendo o arquivo de 2007 Outubro.
Outubro 26, 2007

Hoxe presentamos unha nova creación gráfica de Txus Cuende para o proxecto eTIqueTAL. Son unhas personaxes que representan a dous raparigos galegos e que saen representados cando o usuario ou usuaria non envía unha foto de si. Esperemos que vos gusten estas simpáticas versións duns galeguiños e dásmolle as grazas a Txus por esta nova achega gráfica e a anavilat pola idea para os nomes! ;-D
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 5 Comentarios »
Outubro 22, 2007
Casdeiro foi entrevistado hoxe sobre eTIqueTAL.com no programa o Tren do Serán.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 17, 2007
Hoxe fixeron unha breve entrevista telefónica no magazine
da tarde, Acompáñenos, con Casdeiro sobre o noso novo web eTIqueTAL.com.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 16, 2007
O noso novo proxecto orientado a xuntar por medio dunha comunicación semántica aos galegos mozos de todo o mundo acadou un sorprendente éxito: en menos de 3 días desde á súa comunicación ao público xa duplicamos o número de usuarios e de 100 pasamos a 200. Grazas a todos os que vos inscribistes e que desfrutedes o servizo de contacto! Esperamos en eTIqueTAL.com as vosas suxestións para seguirmos a melloralo.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Outubro 15, 2007
http://www.codigocero.com/Fillos-de-Galicia-crean-unha-web
Os responsables do portal galego Fillos.org, veñen de presentar publicamente un novo servizo web que lles vai permitir a mozos e mozas de todo o mundo, atopar amigos con intereses comúns a través do emprego de “etiquetas” exclusivamente en galego.
ETiqueTAL.com, que así se chama este novo portal web, conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e pretende animar ós internautas a coñecer novos amigos ou atopar parella a través da Rede, segundo afirman, “de xeito sinxelo e de balde”.
Esta web baséase no concepto de semántica, de xeito que cada usuari@ pódese definir a sí mesm@ mediante unha icona, unha frase favorita e unha serie ilimitada de tags ou etiquetas que descreben todo aquelo que lle gusta a cada un. De xeito automático, o sistema avisa de outros usuarios que comparten eses mesmos gustos e ponos en contacto privado mediante un sistema de mensaxería interna.
O responsable técnico desta iniciativa, Manuel Casal Lodeiro, afirma que se inspirou noutras experiencias de contacto persoal e da Web 2.0 para “facer que os mozos galegos empreguen máis o galego para se relacionar entre si na Rede”.
Dende Fillos de Galicia indican que este novo servizo conta xa “con máis de cen usuarios rexistrados”, a pesares de atoparse aínda en fase “beta”, pendente de achegar novas funcións e diversas melloras.

Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 13, 2007
http://www.abc.es/hemeroteca/historico-13-10-2007/abc/Galicia/un-portal-web-facilita-que-emigrantes-de-galicia-conozcan-amigos-y-pareja_1641129692084.html
SANTIAGO. La Asociación Cultural Fillos de Galicia, responsables del mayor portal de la diáspora gallega, «Fillos. org», presentó públicamente un nuevo servicio que permitirá que jóvenes de todo el mundo encuentren amigos con intereses comunes empleando para ello únicamente palabras en gallego -«etiquetas»-.
Con apoyo de la Secretaría Xeral de Política Lingüística de la Xunta de Galicia, esta web pretende animar a los jóvenes gallegos que usan internet para conocer nuevos amigos o buscar pareja, «a hacerlo en gallego y de forma anónima, gratuita y sencilla». La web se basa en la semántica, de tal modo que cada usuario se define a sí mismo mediante un icono, una frase favorita y una serie ilimitada de «tags» o etiquetas que describen todo aquello que le gusta.
Automáticamente el sistema le avisa de otros usuarios que comparten los gustos y permite la puesta en contacto privada mediante un sistema de mensajería interna. Inspirado en otras experiencias de contacto personal y de la web 2.0, pretende un doble objetivo, según explicó Manuel Casal Lodeiro, su responsable técnico: «Hacer que los jóvenes gallegos utilicen más el gallego para relacionarse entre sí en la red, y que como en todos nuestros proyectos, se reúnan en un lugar común los gallegos de Galicia y de la diáspora».

Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 13, 2007
http://www.vieiros.com/nova/61518/principia-a-sua-andaina-etiquetal-com-unha-paxina-para-atopar-parella-na-tua-lingua
O portal Fillos.org busca poñer en contacto a mozos e mozas de Galiza e da diáspora.
O maior portal da diáspora galega, Fillos.org, presentou esta semana un novo servizo que permitirá que mozos e mozas de todo o mundo atopen amigos ou parella usando unicamente etiquetas en galego. A iniciativa eTIqueTAL.com, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pretende contribuír á normalización da nosa lingua en internet.
Segundo explican os propios promotores, “o web baséase no concepto da semántica, de tal xeito que cada usuario defínese a si mesmo mediante unha icona, unha frase favorita e unha serie ilimitada de etiquetas que describe todo o que lle gusta”. Posteriormente o propio sistema é o que avisa de xeito automático a outros usuarios que comparten eses mesmos gustos e posibilita o contacto privado.
O responsábel técnico do proxecto, Manuel Casal Lodeiro, subliña que a iniciativa pretende “facer que os mozos galegos empreguen máis o galego para se relacionaren entre si na Rede, e que como en todos os nosos proxectos se reúnan nun lugar común os galegos de Galiza e da diáspora”.

Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 12, 2007
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=4199&id_cat=8
Os responsables do maior portal da diáspora galega, Fillos.org, presentaron hoxe publicamente un novo servizo que permitirá que mozos e mozas de todo o mundo atopen amigos con intereses comúns empregando para iso unicamente palabras en galego (”etiquetas”).
Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, esta web pretende animar á xente nova que emprega Internet para coñecer novos amigos ou atopar parella, a facelo en galego e dunha forma anónima, gratuita e sinxela. O web baséase no concepto da semántica, de tal xeito que cada usuario defínese a si mesmo mediante unha icona, unha frase favorita e unha serie ilimitada de “tags” ou etiquetas que describen todo aquilo que lle gusta. Automaticamente o sistema avisa doutros usuarios que comparten eses gustos e permite a posta en contacto privada mediante un sistema de mensaxería interna.
Inspirado noutras experiencias de contacto persoal e da Web 2.0, pretende un duplo obxectivo segundo explicou Manuel Casal Lodeiro, o seu responsable técnico: “Facer que os mozos galegos empreguen máis o galego para se relacionaren entre si na Rede, e que como en todos os nosos proxectos, se reúnan nun lugar común os galegos de Galicia e da diáspora”. Aínda que está orientado á xente nova, tamén hai usuarios maiores que empregan o web como forma de coñecer xente afín, “e por que non, para atopar mozo ou moza”, indican desde Fillos de Galicia. eTIqueTAL.com áchase aínda en fase “beta” pendente de achegar novas funcións e diversas melloras pero conta xa con máis de cen usuarios rexistrados.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »