Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2007 Setembro.

O Atopadoiro en ‘Aquí xa é noite’ (Radio Galega)

Setembro 25, 2007

Entrevistaron hoxe a Casdeiro sobre o Atopadoiro no programa Aquí xa é noite.

O pintor Jorge Peteiro, novo participante na Parcelaria

Setembro 18, 2007

A ParcelariaJorge Peteiro O presidente de Fillos de Galicia, Daniel Tomé Seoane, entrevista ao pintor Jorge Peteiro con motivo da súa adquisición dunha parcela na ParcelariaVirtualPolaCulturaGalega.com.
(máis…)

Corriximos un erro no Compromisómetro: debe marcar 0,95%

Setembro 14, 2007

Hoxe corriximos un erro no noso medidor de compromiso dos membros de Fillos, que nos dá en tempo real a taxa de socios por cada 100 membros. Estaba marcando erradamente valores superiores ao 1%, cando en realidade a data de hoxe, tendo 48 socios por 5.057 membros, o seu valor correcto é de 0,95%. Penso que é un bo momento, superados os 5.000 membros, para reflexionarmos todos se estamos apoiando a este proxecto como debemos. Son soamente 30 euros/ano dar o paso e comprometerse co futuro e pulo desta Comunidade Virtual. A que esperas ti para te faceres socio/a?
(máis…)

Entrevista con Casdeiro na Radio Galega

Setembro 11, 2007

Entrevista hoxe no magazine da tarde.

Más de 5.000 «fillos de Galicia» en la Red (La Voz de Galicia)

Setembro 10, 2007

http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2007/09/10/00031189441355724598.htm

La mayor comunidad virtual gallega aumenta considerablemente su número de usuarios registrados.

Fillos de Galicia, la mayor comunidad virtual gallega, acaba de superar la barrera de los 5.000 miembros, después de experimentar en los últimos 9 meses un aumento del 25% en el número de miembros registrados en su web (www.fillos.org).

Según una nota de prensa de la Asociación Cultural Fillos de Galicia, cada mes el portal Fillos.org sirve más de un millón de páginas. La web fue creada hace una década.

Además de contenidos sobre cultura, idioma e historia, en él se pueden encontrar sistemas de contacto dirigidos a los usuarios para el reencuentro de familias separadas por la emigración, la organización de encuentros presenciales, y para compartir historias y experiencias personales.

El modelo de Fillos de Galicia no se limita a las funciones típicas de los centros gallegos, sino que se amplía a la prestación de servicios de Internet a otras entidades por medio de RedeGalega.org o Galeguidade.net como manera de autofinanciarse, ya que los miembros de la comunidad disfrutan de ella de forma gratuita.

En la búsqueda de recursos económicos que les permitan contratar más personal con el que dar respuesta al crecimiento de miembros también se puso en marcha el pasado año Parcelaria.com, un proyecto de net-art que ofrece promoción en Internet tanto a particulares como a empresas o instituciones.

Fillos en La Voz de Galicia

A comunidade galega Fillos.org acada a cifra de 5.000 membros rexistrados (Código Cero)

Setembro 10, 2007

http://www.codigocero.com/A-comunidade-galega-Fillos-org

As redes da información, con todas os críticas das que poden ser obxecto (ou, mellor dito, das que poden ser obxecto os seus usuarios) teñen unhas cantas luces para compensar tanta sombra. Unha delas reside nas posibilidades que achega a Rede como elemento vinculador de comunidades ou colectivos espallados polo mundo. Se cadra dicir que emigrar doe un pouquiño menos se estás en contacto cos que ficaron na terra e cos que marcharon dela a través de Internet, é moito dicir. Pero algo hai de positivo cando unha boa parte das iniciativas web postas en marcha como nexo de unión seguen en liña ascendente. Unha das máis salientables é Fillos.org, comunidade galega en Rede que vén de superar a liña dos 5.000 membros rexistrados, logo de experimentar nos últimos nove meses un medre do 25% no número de inscritos.

Fillos.org, que foi creada polo informático fillo de galegos Manuel Casal, xurdiu hai unha década co seguinte obxectivo: cumprir as funcións, agora na Rede, dos centros galegos que no século XIX e XX mantiveron forte e viva no exterior a raizame galega. Amais diso, tentouse ir alén das funcións daqueles centros, achegando métodos de autofinanciamento como Redegalega.org, Galeguidade ou Parcelaria.com. Segundo vén de informar Manuel Casal, non só a devandita cifra corrobora a liña ascendente do proxecto, senón tamén a seguinte dato: cada mes, máis de un millón de páxinas do portal Fillos.org son consultadas por internautas galegos e descendentes de todo o mundo.

Fillos en Código Cero

Fillos superou onte os 5.000 membros

Setembro 10, 2007

A nosa Comunidade Virtual superou onte domingo 09/09/2007 os 5 mil membros rexistrados. Se facemos equivaler esa figura a dos socios dos centros tradicionais, somos o 8º centro galego máis grande do mundo! Grazas a todos os que fixeron posible chegarmos a esta cifra histórica en 10 anos e medio de andaina. :-)
(máis…)

FILLOS DE GALICIA ACADA OS 5 MIL MEMBROS REXISTRADOS

Setembro 10, 2007

Fillos.org, a maior comunidade galega da Rede, sitúase como o oitavo centro galego do mundo en número de participantes
(máis…)