Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2007 Agosto.

Estíbaliz Espinosa, nova participante na Parcelaria

Agosto 30, 2007

A Parcelaria A poetisa galega Estíbaliz Espinosa, que xa colaborara anteriormente con Fillos de Galicia na iniciativa deste 17 de maio pasado Radio Aturuxo, ven de se convertir nunha nova autora galega en achegar o seu apoio ás nosas actividades adquirindo un espazo na costa de Ortigueira. Súmase así unha personaxe senlleira das nosas letras aos outros escritores que participan con espazos de seu na nosa Parcelaria: José Luís Sucasas, Antonio Rei e Leónidas Lúa.
(máis…)

Fillos.org supera o millón de páxinas mensual tras o traslado ao novo servidor

Agosto 9, 2007

O paso a un servidor máis rápido demostrouse preciso: desde primeiros de Xuño, cando fixemos o traslado, as nosas visitas medraron espectacularmente, superando por primeira vez na nosa historia o millón de páxinas vistas mensualmente (1 millón en Xuño e 1,25 millóns en Xullo). Lembramos a todos os nosos socios, visitantes, colaboradores e a todos os galegos en xeral que estas melloras técnicas e o noso traballo diario a prol da cultura galega no exterior precisa do apoio económico de todos. Na Parcelaria Virtual pola Cultura Galega tes unha vía adaptada a todas as economías para nos axudares. Contamos coa solidariedade dos galegos a prol dos galegos!
(máis…)