Estíbaliz Espinosa colabora en Radio Aturuxo
Maio 14, 2007 in Fillos de Galicia por Admin
Atentos porque mañá martes día 15, estramos uns novos contidos en Radio Aturuxo. A poetisa galega Estíbaliz Espinosa achegounos 3 poemas da súa autoría e na súa fermosa voz. Non o perdades: a partir de mañá ás 9 h, en Radio Aturuxo (para conectar vai para http://radio.fillos.org). Por certo, que desde hoxe poderedes saber cando está emitindo a nosa radio online e cando non, ollando para a parte superior da columna esquerda do portal.
Queremos darlle as grazas a Estíbaliz e invitarvos a coñecer máis da súa obra multidisciplinar nos seguintes enderezos:
- http:/estibalizes.blogspot.com
- http://estibaliz.wordpress.com
- http://www.fotolog.com/acriatura
- http://estibalilith.deviantart.com


RSS xeral de Fillos.org