Acceso máis rápido a Fillos.org
Maio 2, 2007 in Fillos de Galicia por Admin
Tras os problemas técnicos sufridos nos últimos días no noso servidor e que tiñan como motivo a gran cantidade de accesos recibidos nas nosas páxinas, vimos de realizar certas modificacións técnicas, desactivando o módulo de recolleita detallada de estatísticas do noso CMS, para así alixeirar o acceso e permitir unha resposta máis fluida e unha menor sobrecarga do noso servidor. Esperamos que serva para que poidades desfrutar unha maior velocidade ao navegar polas páxinas de Fillos.org e doutros proxectos aloxados por nós.

RSS xeral de Fillos.org