Blogue
Estas vendo o arquivo de 2007 Maio.
Maio 31, 2007
Queremos advertir aos nosos visitantes e membros da Comunidade Virtual de que nos vindeiros días poden producirse cortes na dispoñibilidade das páxinas de Fillos.org así como dos outros portais que xestionamos. Isto é debido ao traslado que imos estar efectuando a un novo servidor web máis rápido que dea solución definitiva aos problemas de acceso e velocidade que se estiveron producindo durante as últimas semanas. Pregamos desculpedes as posibles molestias e esperamos que notedes e desfrutedes a mellora a partir da semana que vén.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 31, 2007
Vimos de solucionar un problema no cálculo dos pagamentos que se producía na nosa tenda online cando se elexía pagar a cota de afiliación á nosa Asociación ou realizar un doativo. Pregamos desculpedes as molestias. Agora xa podedes facervos socios sen problemas e pagar a cota única de 30 euros/ano por medio dos diversos medios de pagamento que ofrece a nosa tenda, ou facernos chegar os vosos doativos. Grazas pola vosa axuda económica que fai posible a nosa continuidade!
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 25, 2007
Como consecuencia da decisión adoptada na recén rematada VII Asemblea de socios, agora a cota de socio xa non depende do país de residencia e será única para calquera persoa. Iso vai permitir que o pagamento sexa máis sinxelo, e o poderedes facer agora comodamente, tanto os novos socios como os que vaiades renovar a partir de agora, por medio da nosa tenda online, e así pagardes en galeuros, por tarxeta de crédito (pagamento seguro nas páxinas de Caixa Galicia), ingreso, etc. Non esquezades indicar o voso nome de membro nos comentarios cando fagades o pagamento por medio da tenda!
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 25, 2007
A Asociación Cultural Fillos de Galicia clausurou o pasado día 22 de Maio a súa VII Asemblea Xeral, celebrada durante 5 semanas por medio de Internet, entre os 46 socios que compoñen a organización, responsable do portal Fillos.org e o resto de proxectos de Fillos de Galicia. Foron aprobados o informe de xestión da anterior Xunta Directiva, varias propostas de actuación de cara ao novo periodo anual, e os novos cargos da Xunta Directiva.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 24, 2007
Por medio deste novo apartado do noso portal (Notas de Prensa) poderedes consultar as diversas notas de prensa que temos remitido aos medios de comunicación ao longo destes últimos anos. O seu repaso dá unha idea moi interesante dos nosos logros e demandas, segundo os fomos trasmitindo á sociedad galega de dentro e fóra de Galiza.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 18, 2007
Desde onte, Día das Letras Galegas 2007, ofrecemos a todos os internautas galegos de acceso a novas fontes de novas no noso agregador de titulares Noticias DeGalicia. Concretamente engadimos titulares de CulturaGalega.org e mais de El Progreso de Lugo. Animamos a resto de medios galegos online a ofrecer (nun formato correcto!!) a sindicación RSS das súas novas, así como aos agregadores de blogs (Blogaliza e Blogalego) a corrixir os erros ou carencias das súas.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 17, 2007
Queremos celebrar este día tan especial para os internautas galegos con todos os membros da nosa Comunidade Virtual. Hoxe teremos emisión durante todo o día de Radio Aturuxo e ademais estreamos unha funcionalidade moi solicitada polos nosos usuarios: o listado de membros no mesmo país onde reside cada un/ha de nós. Que o desfrutedes, cada día máis galegos e máis comunicados grazas a Internet e grazas a Fillos de Galicia!
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 3 Comentarios »
Maio 14, 2007
Atentos porque mañá martes día 15, estramos uns novos contidos en Radio Aturuxo. A poetisa galega Estíbaliz Espinosa achegounos 3 poemas da súa autoría e na súa fermosa voz. Non o perdades: a partir de mañá ás 9 h, en Radio Aturuxo (para conectar vai para http://radio.fillos.org). Por certo, que desde hoxe poderedes saber cando está emitindo a nosa radio online e cando non, ollando para a parte superior da columna esquerda do portal.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 7, 2007
Vimos de facer unhas pequenas melloras nas páxinas relativas a cada usuario/a de Fillos de Galicia. Agora cando premas no nombre dun membro verás a súa bandeira que indica o lugar de residencia e tamén terás un link para lle enviar unha mensaxe polo novo sistema interno (antes só se podía polo obsoleto sistema anterior de mensaxería interna). Fai a proba na páxina do usuario Admin
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Maio 5, 2007
Seguimos traballando para optimizar o acceso. Aínda así, ate hai uns minutos o noso servidor sufriu unha importante sobrecarga que dificultou o acceso dos visitantes e membros. Tamén tivemos que desconectar Radio Aturuxo durante un par de horas por unha tormenta eléctrica. Pregamos novamente desculpas e esperamos que as melloras técnicas que estamos dispoñendo faciliten unha mellor conexión coas nosas páxinas.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »