Radio Aturuxo: iniciativa de Fillos para o 17 de maio
Abril 30, 2007 in Fillos de Galicia por Admin
Durante todo o mes de maio de 2007 os visitantes do noso portal poderán desfrutar das emisións de Radio Aturuxo, unha nova experiencia de radio online de Fillos de Galicia, posta en marcha grazas ao patricinio da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información (Consellaría de Innovación e Industria), con motivo da dobre celebración do 17 de maio: o Día das Letras Galegas e mais o Día de Internet.
Tamén queremos celebrar con esta experiencia musical-literaria-internética o comezo do Verán Celta (festa de Beltaine), o desembarco dos galegos que colonizaron Irlanda (os milesians) e o X aniversario de Fillos de Galicia.
Radio Aturuxo é posible grazas a:
- Dirección Xeral de
Promoción Industrial e da Sociedade da Información (Consellaría de Innovación e Industria) da Xunta de Galicia, que achega o financiamento da iniciativa. - A Regueifa, netlabel galego de música copyleft, que contribúe cos seus artistas.
- Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco que contribúe coas pezas poéticas musicadas por Sokaire no CD Pensando Nelas, editado co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
- Asociación Cultural Fillos de Galicia, que organiza, coordina e dispón tecnicamente.
- Membros da Comunidade Virtual Fillos de Galicia, que achegan as súas lecturas de textos literarios. Ti tamén podes enviar os teus, en formato MP3, a
aturuxo ARROBA fillos PUNTO org. - ShoutCast, servizo de emisión streaming de WinAmp.

Para escoitar Radio Aturuxo só precisas un reprodutor de MP3 con capacidade de conexión a servidores streaming. Preme aquí para escoitares.
As emisións estarán dispoñibles durante todo o mes de maio, principalmente en horario de 9 a 16 h (GMT +1). Os contidos, emitidos ao chou (aleatoriamente) constan de:
- Música galega (e en galego!) publicada con licencia copyleft por A Regueifa plataforma: pop, electrónica, folk, punk, hardcore, hip-hop, etc.
- Poemas musicados do CD Pensando nelas.
- Textos de María Mariño e outras autoras galegas, recitados por membros de Fillos de Galicia.
- Textos de Manuel Lugrís Freire e outros autores galegos, recitados por membros de Fillos de Galicia, recollidos e emitidos con motivo da iniciativa 100 acentos, 100 cores (2006).
Podes ver outras iniciativas con motivo do 17 de maio en MaisInternetMaisGalego así como outras relacionadas con Galiza no web do Día Internacional de Internet.




RSS xeral de Fillos.org
As nosas recomendacións de programas para escoitar Radio Aturuxo son:
Hoxe engadimos uns novos MP3 de música copyleft galega: a dos Fodi & Barbaconna, un hip-hop que paga a pena escoitar!
Tamén engadimos novos MP3 con poemas enviados polos nosos usuarios así como algunhas cuñas enxebres. Que o desfrutedes!
Esperamos os vosos comentarios nesta páxina sobre estas emisións e lembramos que calquera iniciativa galega sen ánimo de lucro que se queira promocionar mediante cuñas MP3 nesta radio pódenolas enviar a
aturuxo ARROBA fillos PUNTO org.Aos novos MP3 que imos engadindo cada día enviados polos nosos usuarios, mañá engadiremos 3 enviados pola autora Estíbaliz Espinosa. Non os perdades!!!