Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2007 Xaneiro.

Daniel Tomé sobre a reforma da nacionalidade (El Día)

Xaneiro 29, 2007

Mención sobre declaracións de Daniel Tomé encol do tema da reforma legal sobre a nacionalidade, no artigo Unos 200 mil argentinos podrán obtener la nacionalidad española.

La agrupación Fillos de Galicia apunta que “el requisito de que el padre o la madre tengan la nacionalidad española volverá a marginar a miles de nietos de emigrantes”.

“Esta ley no va a tener en cuenta que hay muchísimos casos de gente que emigró a finales del siglo XIX o principios del XX y no inscribieron nunca a sus hijos en una embajada”, señaló.

También mencionó a “aquellos casos cuyos padres, simplemente, fallecieron ya sin haber recuperado la nacionalidad y, por lo tanto, se ha roto la cadena de transmisión”, dijo Daniel Tomé, responsable de la organización, citado por un periódico de Galicia.

Daniel Tomé en El Día

Os libros editados por Fillos, agora na sección A Escola

Xaneiro 26, 2007

Desde hoxe, na nosa sección A Escola, atoparedes unha ligazón á nosa tenda para conseguir gratuitamente calquera dos 2 libros editados ate o de agora pola nosa Asociación. Vainos coñecer e solicítanolos.
(máis…)

Creamos o ‘Compromisómetro’

Xaneiro 26, 2007

Hoxe imos estrear un novo bloco na columna dereita do noso portal que vai medir en tempo real, permanentemente actualizado, o nivel de compromiso dos membros da nosa Comunidade Virtual. Medirá en concreto o número de socios por cada 100 membros, é dicir, cántos membros de cada 100 dan o paso de demostrar o seu compromiso con Fillos de Galicia facéndose socios da Asociación Cultural que o administra e dirixe.
(máis…)

Débora Campos fala sobre os envíos de libros de Fillos en ‘Diario cultural’ (Radio Galega)

Xaneiro 24, 2007

Mención por parte de Débora Campos no seu microespazo no programa Diario Cultural, do envío de libros galegos que fai Fillos de Galicia, biaxo o título Sementadores de galeguidade.

Descargar entrevista (MP3: 2,5 MB)

Menos do 1,5% dos membros son socios

Xaneiro 24, 2007

55 socios e 4141 membrosNeste gráfico pódese apreciar a desproporción que segue a existir a día de hoxe entre os socios (55) e os membros (4141) de Fillos. Cada 2 pixels na imaxe representan a un membro. Pódese ver como tan só o 1,33% (1 de cada 75) dos membros deron o paso de converter en socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, responsable de todos os servizos que ofrecemos en Fillos.org, Atopadoiro.org, Galeguidade.net, PlanetaGalego.info, RedeGalega.org, etc. Penso que é algo que nos debe facer reflexionar a todos acerca do noso grao de compromiso con este proxecto.
(máis…)

Daniel Tomé sobre a nacionalidade (La Voz de Galicia)

Xaneiro 22, 2007

Entrevista con Daniel Tomé, responsable de asuntos políticos de Fillos de Galicia, no despece Colectivos del exterior critican que miles de nietos quedarán excluidos dentro do artigo Unos 150.000 nietos de emigrantes gallegos podrán nacionalizarse.

Daniel Tomé en La Voz

‘Muchos descendientes simplemente quieren la nacionalidad por orgullo de sus raíces’

Xaneiro 22, 2007

Facémonos eco da entrevista que La Voz de Galicia publica hoxe co noso responsable de acción política, Daniel Tomé, acerca do tema das reformas legais encol da nacionalidade. “Lo que ha habido es miedo a un aluvión de peticiones de nacionalidad, pero muchos descendientes sólo la quieren porque se sienten orgullosos de sus raíces. No todos vendrían aquí. El caso es que allá son gallegos y aquí, extranjeros. Lograr la nacionalidad para todos es una cuestión de justicia social e histórica”, comenta o noso representante para o principal xornal galego. Podes ler a noticia completa na sección de Fillos nos medios.
(máis…)

Novos produtos na nosa tenda: camiseta, libro e disco

Xaneiro 22, 2007

Invitámosvos a coñecer os novos produtos que temos desde a pasada semana á venda na nosa tenda. Lembrade que os beneficios destes artigos serven para custear os gastos de mantemento e persoal de Fillos de Galicia. Esperamos que vos gosten: a nova camiseta foi unha doazón dun rapaz catalán namorado de Galiza… o libro é un ensaio de balde… e o disco é o último do coñecido grupo Treixadura.
(máis…)

Por favor, non usedes Internet Explorer

Xaneiro 19, 2007

Como xa temos comentado máis dunha vez, o noso portal vese mellor con Mozilla ou con calquera outro navegador. Co Internet Explorer temos verdadeiros problemas desde o 2005 en diversas seccións, e aínda que co novo portal Fillos 3.0 moitos foron arranxados, agora prodúcense algúns novos (p.ex. na visualización das mensaxes do Taboleiro) que non sabemos cando poderán estar resoltos. Polo tanto, pregámosvos utilizedes calquera outro navegador. A continuación tedes a nosa recomendación: Mozilla Firefox, xunto cun link onde o descargardes de balde.
(máis…)

Arranxado o noso problema telefónico

Xaneiro 19, 2007

Desde hai un cachiño xa podedes chamar con normalidade ao teléfono da nosa oficina: o +34 94 4376328. Lembrade que tamén podedes comunicar mediante teléfono IP de balde por medio do Skype ao usuario fillos.de.galicia.
(máis…)