Blogue
Estas vendo o arquivo de 2006 Outubro.
Outubro 21, 2006
Durante a madrugada de hoxe estivemos realizando labores de mantemento técnico nas bases de datos de Fillos.org que virán solucionar os problemas de lentitude de acceso que estivestes a experimentar nos últimos días, e que tamén afectaron aos clientes de RedeGalega.org que temos aloxados no mesmo servidor. Pregamos desculpedes as molestias que este mal funcionamento vos puido ocasionar e esperamos que se note a mellora na rapidez de acceso xeral ao servidor e en concreto a este portal de Fillos de Galicia.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Outubro 18, 2006
Poñemos de novo en marcha un envío de libros galegos aos membros da nosa Comunidade Virtual que residen fóra de España. Aínda temos moitos dos que nos doaron cando a nosa campaña Un libro galego para os fillos que están fóra, e nas vindeiras semanas procederemos ao envío dunha nova xeira deles.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Outubro 13, 2006
RedeGalega.org, o nome baixo o que Fillos de Galicia realiza servizos de Internet para outras entidades culturais e non lucrativas galegas, ven de rematar un novo proxecto web: o sitio do Proxecto que promove a declaración como Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra. Isto permite achegar recursos económicos para os proxectos propios de Fillos, ao tempo que dota dunha presenza profesional e de calidade en Internet a outras organizacións que dan os seus primeiros pasos na Rede, asesorados en todo momento polos nosos profesionais. Moita sorte co voso proxecto, amigos da Ribeira Sacra!
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Outubro 12, 2006
Entrevista no programa “Galicia máis cerca” desta emisora andorrana.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 7, 2006
Mención a Fillos e varios dos seus membros no artigo Identidades en la diáspora.
Internet aparece en este trabajo como un medio valiosísimo para reunir información, historias, testimonios (de hecho, as galegas e os galegos do mundo puede leerse en www.forocivicogalegobcn.org/reNOVAGALIza/re NOVAGALIza.htm). Del tema se ocupan, entre otros, Ignacio Ramonet, la periodista y profesora de la UBA Débora Campos (autora del blog fiosinvisibles) y Manuel Casal Lodeiro, fundador de la Asociación Fillos de Galicia.

Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 4, 2006
Queres conectarte como membro, e xa non lembras o nickname co que te rexistraches? Cando vas lembrar a contrasinal pregúntache o nome de membro e xa non o sabes? Pois agora podes solucionar ese problema: conéctate primeiro a Lembrar nome de membro e despois, cando recibas o nome, a Lembrar contrasinal.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Outubro 3, 2006
Mención nun artigo sobre o novo rexistro de emigrantes da Xunta. Pon de relieve que Fillos.org ten 100 mil visitantes namentras que GaliciaAberta non supera os 21 mil, sendo a maioría procedentes de España.
La diáspora gallega, especialmente su descendencia, explota Internet como herramienta de comunicación, a través de la cual no perder lazos con su tierra de origen, y a través de la cual tener acceso a información. De hecho, hay una página, www.fillos.org, que cuenta con 3.700 miembros y que recibe cien mil visitas al mes.
Posted in Fillos de Galicia, Fillos nos medios | Sen comentarios »
Outubro 3, 2006
O pasado día 30 rematou o prazo ampliado para que os membros de Fillos responderan á enquisa. Grazas a todos os que participastes porque nos axudaredes a mellorar. Nos vindeiros días habémonos poñer en contacto cos participantes que gañaron unha conta de correo gratuita en DeGalicia.org.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 2 Comentarios »