No programa da semana pasada da TVG “Somos una potenzia” as Rumorosas presentaron no seu espazo Todo o que hai na Rede é peixe varios dos nosos webs: Fillos.org, Atopadoiro.org e mais a Parcelaria.com. Desde aquí queremos agradecerlles a difusión, malia nos parecer bastante frívolo o tratamento dos nosos contidos que fixeron… e animar ao presentador, Carlos Blanco, a que merque como dixo no programa, a parceliña correspondente a Ortigueira: sería todo un detalle pola súa banda (máis…)
Este mes de xuño a Xunta Directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia, responsable deste web e dos nosos outros proxectos, nomeou a Miguel Goyanes como novo Responsable de Financiamento (ou Captación de Fondos). O seu traballo será fundamental para a supervivencia e acrecentamento dos nosos proxectos, xa que a disposición de fondos para os levar a cabo é unha cuestión básica. (máis…)
Reseña de Fillos.org, o Atopadoiro e a Parcelaria na sección Todo o que hai na Rede é peixe, presentado polas Rumorosas no programa Somos unha potenzia (programa emitido na noite do 19 ao 20 de Xuño).
Desde hoxe tedes dispoñibles novas prendas oficiais da selección de fútbol galega na tenda de Fillos. En tempo de fútbol non deixes de te vestir coas cores de Galicia! E lembra que adquirindo os produtos da nosa tenda contribúes a que Fillos de Galicia sega adiante co seu labor. (máis…)
Como podes axudarnos economicamente sen que a ti che coste nada?
Desde onte nos nosos diversos webs has ver anuncios de Antevenio Contextual, unha respectada empresa española de marketing online, que pagará á nosa asociación por cada click que os nosos visitantes fagan nos seus anuncios.
Así pois, con tan só visitares e ires coñecer os seus anunciantes, estás a axudar no labor de Fillos de Galicia… sen que che coste máis ca un click do rato! (máis…)
¿Cómo puedes ayudarnos económicamente sin que a ti te cueste nada?
Desde ayer en nuestros diversos webs verás anuncios de Antevenio Contextual, una respetada empresa española de marketing online, que pagará a nuestra asociación por cada click que nuestros visitantes hagan en sus anuncios.
Así pues, con tan sólo visitar e ir a conocer a sus anunciantes, estás ayudando a la labor de Fillos de Galicia… ¡sin que te cueste más que un click de ratón! (máis…)