Blogue
Estas vendo o arquivo de 2006 Marzo.
Marzo 31, 2006
Hoxe rematou a VI Asemblea Xeral de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, que como sabedes é a entidade responsable desta Comunidade Virtual, ademais doutros sitios web como PlanetaGalego.info, Galeguidade.net, RedeGalega.org, Atopadoiro.org, etc.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 17, 2006
Grazas ao traballo dos nosos colaboradores snoopy e gt temos dous novos e moi interesantes persoeiros galegos na nosa Enciclopedia: Frai Rosendo Salvado e Antonio So(u)to Canalejo, que foron moi relevantes na historia de Australia e Arxentina respectivamente. Le sobre as súas apaixonantes vidas e anímate a enviarnos ti as doutros galegos ou fillos de galegos que foran célebres na túa zona do mundo.
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | 1 comentario »
Marzo 17, 2006
Pasámoslles o noso cuestionario ou mini-entrevista aos responsables de casa rural, pertencente a Pazos de Galicia, Rectoral de Anllo ubicada en Sober (Lugo), que foron dos primeiros en participar naParcelaria Virtual pola Cultura Galega.
(máis…)
Posted in Parcelaria Virtual pola Cultura Galega | Sen comentarios »
Marzo 16, 2006
Hoxe vimos de superar unha nova marca, coa reserva da 21ª parcela, correspondente no mapa a Vilalba (Lugo). Desde aquí queremos das as grazas a todos os particulares, empresas, asociacións, etc. tanto de Galiza como da nosa emigración que están a responder a este decisivo proxecto para apoiar as actividades de Fillos de Galicia. Estamos seguros que teredes un espazo na historia da cultura galega na emigración, amigos!
(máis…)
Posted in Fillos de Galicia | Sen comentarios »
Marzo 14, 2006
Facémoslle unha mini-entrevista ao responsable do Proxecto Patrimonio Ribeira Sacra e mais da Asociación Cultural Amigos da Ribeira Sacra, que foron dos primeiros en participar naParcelaria Virtual pola Cultura Galega mediante a súa adquisición de varias parcelas correspondentes á zona da Ribeira Sacra, a cabalo entre as provincias de Lugo e Ourense.
(máis…)
Posted in Parcelaria Virtual pola Cultura Galega | Sen comentarios »