Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2005 Setembro.

Reactivación da lista de refráns

Setembro 30, 2005

Desde hoxe volve a estar activa a lista de refráns. Despois de moito tempo en que os subscritores deste servizo de Fillos non recibiades ningún refrán por e-mail, a partir de agora volveredes recibir un cada semana. Esperamos que os desfrutedes! :-)
(máis…)

Novas palabras galegas no noso Vocabulario

Setembro 22, 2005

Xa temos máis de 100 palabras galegas coa súa tradución a castelán. Vainas ver á sección de vocabulario da Enciclopedia de Fillos de Galicia. E ti tamén podes contribuir a facer aínda máis interesante esa sección: non tes máis que te conectar co teu nome de membro e enviarnos as palabras que queiras.
(máis…)

Entrevista con Casdeiro en ‘Galicia máis cerca’ (R7P)

Setembro 19, 2005

Entrevista no programa “Galicia máis cerca” da radio andorrana R7P.

Manifesto da «Asociación Cultural Fillos de Galicia» aposta pola internet para a promoção da língua galega (Portal Galego da Língua)

Setembro 15, 2005

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=2229&mode=&order=0&thold=0

A Comunidade Virtual de Emigrantes Galegos ligados à ACFG, www.fillos.org, chegou, no passado dia 6 de Setembro, á cifra de 2.500 membros o que a converte num dos agrupamentos de galegos mais importantes a nivel mundial.

No passado dia 1 de Setembro, a propósito da mudança política no governo da Xunta da Galiza, a Asociación Cultural Fillos de Galicia, como entidade responsable da principal Comunidade de Galegos do Exterior na Internet, apresentou uma série de reivindicações, relacionadas com as necessidades dos Emigrantes Galegos e seus Descendentes, para que sejam atendidas pelo novo governo.
[+...]

Congratulando-nos com esta iniciativa e tão importante marco na vida de www.fillos.org, apresentamos o texto do referido MANIFESTO, o qual saudamos vivamente.

www.fillos.org – manifesto

Manifesto de Fillos de Galicia dirixido ao novo goberno da Xunta de Galicia
Enviado por : Admin en 31 Ago, 2005 – 10:19 PM fillosdegalicia

Con motivo do cambio de goberno na Xunta de Galicia, a Asociación Cultural Fillos de Galicia, como entidade responsable da principal comunidade de galegos do exterior en Internet, quere presentar unha serie de demandas para que sexan atendidas polo novo goberno, en relación coas necesidades dos emigrantes galegos e dos seus descendentes:

1. Que a trasformación da Consellaría de Emigración en Secretaría Xeral de Emigración, dependente da Consellaría de Presidencia, que vai levar a cabo o novo goberno non signifique unha reducción dos orzamentos e esforzos políticos da Xunta a prol da nosa emigración. Que os orzamentos se manteñan ou mesmo amplíen, e que en calquera caso, sexan mellor enfocados para conseguir os obxectivos marcados pola Lei de Galeguidade.

2. Que non se reduza o nivel de participación política dos emigrantes e mais os seus descendentes, senón que se amplíe. Neste sentido apuntamos algunhas demandas concretas:

=> Ampliar o dereito de participación política dos emigrantes galegos na vida política de Galicia, así como o dereito a voto nas eleccións autonómicas, aos galegos que residen noutras comunidades autonómicas do Estado Español, así como aos seus fillos, equipando deste xeito os seus dereitos aos dos residentes no estranxeiro, implusando para para isto a reforma das leis galegas ou españolas que fose preciso.

=> Modificar a lei electoral para reducir ao mínimo as posibilidades de fraude electoral nos votos emigrantes.

=> Modificar as leis precisas para crear unha circunscrición electoral propia para a emigración nas eleccións autonómicas, de tal xeito que os emigrantes dispoñan do número de escanos que lles corresponda proporcionalmente ao seu número poboación, no Parlamento Galego.

3. Aumentar de forma decidida o apoio institucional e económico ao proxecto “Fillos de Galicia” que a nosa Asociación ven desenrolando en Internet, mediante a sinatura dun convenio específico que asegure a súa pervivencia.

4. Apoiar a realización de cursiños de cultura e idioma galega por medio de Internet como medio imprescindible para fomentar o sentimento de galeguidade entre as novas xeracións da emigración, ben sexa mediante subvencións a entidades que os poñan en marcha ou ben poñéndoos en marcha desde a propia Xunta, non sendo ambas vías incompatibles.

5. Apoiar con total decisión a reforma das leis españolas de tal xeito que se recoñeza a nacionalidade española a todos os fillos e netos de galegos emigrados. No caso de non se conseguir estas reformas, que se inclúa no Novo Estatuto de Galicia, a definición do concepto de “nacionalidade galega” e que lles sexa aplicado desde as institucións autonómicas aos fillos e netos de galegos, con igual rango e dereito cá nacionalidade española.

6. Fomentar o retorno de todos os galegos e descendentes que o desexen, priorizando a súa integración en Galicia sobre a doutros colectivos procedentes de fóra de Galicia, poñendo en marcha un Plan Integral de Retorno que debería incluir plans de integración laboral, reservando postos de traballo para retornados en todas as empresas de máis de X traballadores, subvencionando a contratación de retornados, como se fai con outros colectivos precarizados, fomentando o autoemprego entre os retornados, etc.

7. Concentrar os esforzos da Xunta destinados á emigración dentro da rede Internet en torno a Fillos.org como proxecto máis veterán e máis importante, como forma de aproveitar mellor os investementos, en troques de lanzar proxectos “ex novo” como Galicia Aberta, posto en marcha polo anterior goberno.

8. Apoiar a contratación “en orixe” de galegos e descendentes fomentando a contratación en modalidades de teletraballo por parte de empresas galegas, mediante subvencións e costeando os gastos de conexión dos teletraballadores galegos no exterior.

9. Promover a participación cultural dos emigrantes e descendentes na vida cultural galega facilitando o contacto de artistas galegos da emigración entre eles e coa sociedade galega. Para isto suxerimos un Plan da Arte Galega Exterior, que subvencione exposicións, viaxes, concertos, publicacións, etc. dos artistas galegos do exterior.

10. Poñer en marcha as xestións necesarias para reclamar dos organismos internacionais pertinentes (ICANN) a posta en marcha dun “dominio de primeiro nível” (TLD) galego, ben sexa coa terminación .GZ ou .GAL, como forma de agrupar e identificar os webs galegos, sexan estes sitos en Galicia ou no exterior.

11. Que a prevista “Oficina do Retorno”, deseñada no acordo de goberno da nova Xunta, para facilitar “información sobre os diferentes temas relacionados coa volta e inserción dos emigrantes: vivenda, emprego, ensino, etc.” teña unha presenza destacada en Internet, onde se faciliten as consultas dos internautas e se coordine cos proxectos actuais na Rede como Fillos.org que teñen unha maior presenza entre a comunidade emigrante.

12. Crear un portal de “empregos en Galicia” destinado aos emigrantes e descendentes que desexen retornar, puidendo empregarse tamén para concentrar outras políticas de emprego públicas dirixidas a colectivos de residentes en Galicia.

13. Ampliar as axudas para viaxar a e por Galicia aos descendentes de galegos, de tal xeito que se facilite o seu reencontro físico coas sáus raíces. Estas axudas poderían tomar forma dun carnet especial que facilitase descontos en todos os servizos turísticos galegos.

14. Potenciar a participación dos propios emigrantes nas decisións da Secretaría Xeral de Emigración, principalmente por medio da introdución dun sistema de “orzamentos participativos” de tal xeito que sexan as propias organizacións de emigrantes (sen ningunha exclusión), cun voto ponderado en función do seu número de membros, quen decidan o destino do orzamento da Secretaría, definan os criterios de asignación de subvencións e axudas e leven a cabo un labor de control directo das actuacións da Secretaría. Para isto debe potenciarse o uso de Internet e outras ferramentas tenolóxicas que faciliten a xestión participativa, así como procurarse formas de participaren aqueles emigrantes, fillos e netos que non pertenzan a ningunha organización da diáspora.

Citados na Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible

Setembro 14, 2005

Comprácenos moito termos servido de referencia para os autores que elaboraron para a Consellaría de Medio Ambiente a Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible, publicada neste ano 2005.
(máis…)

Fillos de Galicia reclama a la Xunta que mantenga el nivel de ayudas a la emigración (España Exterior)

Setembro 13, 2005

http://www.espaexterior.com/?&numero=428&accion=noticia&seccion=Emigracion&noticia=7094

Manifesto de Fillos en España Exterior

Novos fillos famosos

Setembro 13, 2005

Vimos de actualizar a nosa sección de Fillos célebres dentro da nosa Enciclopedia con novas fichas dedicadas a Tabaré Vázquez, La Bello Otero, o Conde de Gondomar ou Fernández Tapias, grazas ao traballo voluntario dos nosos membros marisalvar e snoopy. Visitade esta sección e descobride os grandes feitos dos nosos máis famosos fillos de Galicia.
(máis…)

Fillos acada os 2.500 membros

Setembro 6, 2005

A data de hoxe a nosa Comunidade Virtual chegou á cifra de 2.500 membros: isto convértenos nunha das agrupacións de galegos máis importante a nivel mundial. Noraboa a todos polo noso medre continuado e benvidos os novos membros a este o voso Centro Galego Virtual. Esperamos a vosa participación. Lembrade que estamos á vosa disposición para o que precisardes.
(máis…)

Manifesto de Fillos de Galicia dirixido ao novo goberno da Xunta de Galicia

Setembro 1, 2005

Con motivo do cambio de goberno na Xunta de Galicia, a Asociación Cultural Fillos de Galicia, como entidade responsable da principal comunidade de galegos do exterior en Internet, quere presentar unha serie de demandas para que sexan atendidas polo novo goberno, en relación coas necesidades dos emigrantes galegos e dos seus descendentes:
(máis…)

Fillos.org supera o millón de hits no mes de Agosto

Setembro 1, 2005

As cifras de visitas, páxinas vistas e hits do noso portal forn moi positivas durante o pasado mes de Agosto (2005). Entre elas destaca a cifra de hits (arquivos totais solicitados ao servidor web) que foi de 1.088.515, superando por primeira vez na historia deste web o millón de hits nun só mes.
(máis…)