Importante éxito das celebracións virtuais en Fillos do Día de Galicia
Xullo 26, 2005 in Fillos de Galicia por Admin
A celebración do Día de Galicia tivo un importante seguimento en Fillos.org. Ademais do Gran Encontro no Batepapo, reformado para a ocasión, e que podedes ler aquí, houbo un destacado seguimento das emisións de música galega de Radio Aturuxo así como unha entrevista sorpresa no programa Tardes de Verán en Radio Galega no cal Casdeiro contou aos oíntes galegos cómo se estaba a celebrar en Fillos.org o Día de Galicia. Desde aquí queremos darvos as grazas a todos, especialmente aos membros de Fillos que se conectaron onte ao chat desde Arxentina, Chile, Portugal, Galicia, Euskadi, EE.UU., Cuba, Uruguai, etc.

RSS xeral de Fillos.org