Fillos de Galicia

Blogue

Estas vendo o arquivo de 2005 Xullo.

Importante éxito das celebracións virtuais en Fillos do Día de Galicia

Xullo 26, 2005

A celebración do Día de Galicia tivo un importante seguimento en Fillos.org. Ademais do Gran Encontro no Batepapo, reformado para a ocasión, e que podedes ler aquí, houbo un destacado seguimento das emisións de música galega de Radio Aturuxo así como unha entrevista sorpresa no programa Tardes de Verán en Radio Galega no cal Casdeiro contou aos oíntes galegos cómo se estaba a celebrar en Fillos.org o Día de Galicia. Desde aquí queremos darvos as grazas a todos, especialmente aos membros de Fillos que se conectaron onte ao chat desde Arxentina, Chile, Portugal, Galicia, Euskadi, EE.UU., Cuba, Uruguai, etc.
(máis…)

Casdeiro entrevistado no programa ‘Tardes de verán’ (Radio Galega)

Xullo 25, 2005

Entrevista no programa “Tardes de verán”.

Emisión especial de radio por Internet

Xullo 24, 2005

conexión con Radio AturuxoCon motivo das festas do Día de Galicia, e repetindo e mellorando a experiencia do ano pasado, poñemos en marcha unha nova emisión de música galega a través de Internet, para achegarvos os sons da Nosa Terra nesta data tan especial. Durante todo o día de hoxe, 24 de Xullo, poderedes escoitar as emisións de Radio Aturuxo por medio do sistema Shoutcast (precisa o reproductor WinAmp). Se o link de enriba non che funciona, vai para Shoutcast e procura pola palabra aturuxo. Que desfrutedes a emisión!
(máis…)

Preparamos unha gran xuntanza virtual para o día 25

Xullo 21, 2005

En Fillos de Galicia estamos a preparar un novo sistema de batepapo (chat) que poñeremos en marcha coincidindo co Día de Galicia, este vindeiro 25 de Xullo. Nel esperamos atoparnos con todos os usuarios da nosa Comunidade Virtual ese día. Estade atentos ás nosas páxinas para saber cómo acceder a este gran encontro virtual!
(máis…)

Anovado o Taboleiro

Xullo 13, 2005

Hoxe inaguramos a cuarta época do noso Taboleiro, no que fixemos moitas melloras e sobre todo facilitamos a integración cos datos de usuario no portal: agora se trocas os datos de membro, aparecerán modificados tamén no Taboleiro. Próbao e aproveita este mellorada forma de comunicación cos 2.300 membros de Fillos.
(máis…)

Fillos ofréceche o teu propio web

Xullo 11, 2005

Gostaríache dispor dun web persoal para publicar as túas opinións, ideas, reflexións, comentarios de actualidade, procuras familiares, poemas ou calquera cousa que che pase pola cabeza? Incluindo fotos? E baixo o teu propio .com ou .net ou .org..? Con 100 MBytes de espazo? Con 10 contas de correo? Sen necesidade de saber HTML para publicar as páxinas? Agora Fillos de Galicia ofrece aos seus membros unha oportunidade a un prezo especial ate o 31 de Xullo. Contrátao e axuda ao noso proxecto.
(máis…)

Xoias de Galicia na tenda de Fillos

Xullo 8, 2005

Xoias de Galicia na tenda de Fillos.orgDe cara ao vindeiro Día de Galicia e do Apóstol Santiago, Fillos de Galicia ven de incorporar aos produtos que vende na súa Tenda Virtual unha serie de elementos de xoiería relacionados con Galicia que esperamos sexan do voso agrado. Ademais, como oferta de lanzamento, todos estes produtos e mais outros como as bandeiras, mapas, contas de correo galegas, etc. van estar rebaixados de prezo ate o próximo día 17. Así poderalos mercar e ter en casa para o día 25. Non perdas esta oportunidade!

(máis…)